Site icon Crónica3.com A Mariña

O claustro do IES de Foz reclama o mantemento da oferta da ensinanza superior de Hostalería

Nota de Prensa.

O CLAUSTRO DE PROFESORES DO IES DE FOZ reclama o mantemento da oferta da ensinanza superior de Hostalería que se concretaría na implantación do Ciclo Superior de Dirección en Cociña.

Argumentamos que:
A carencia desta formación afectaría á área de influencia de toda A Mariña Luguesa.
O sector Mariñán da hostalería e o turismo, tan importante na comarca, veríase seriamente danado por non ter profesionais Técnicos Superiores de Cociña formados na súa bisbarra.
O posible alumnado tería que desprazarse, en caso de que tivese praza xa que o único centro da provincia que oferta o ciclo ten un límite de 22 matrículas,  a máis de 90 km. do noso centro.
O IES de Foz sería o único centro público de Hostalería de Galicia que non contase con estas ensinanzas.
No noso centro contamos con instalacións axeitadas e profesorado con destino definitivo para poder impartir dito Ciclo Superior.
O claustro lamenta que esta decisión se tome sen ser consultado o centro educativo nin ter aberta a preinscrición de alumnado.
No caso de prosperar esta supresión, Foz sería o único centro de Formación Profesional sen oferta de Ciclos Superiores.

¿ QUE FIXO FOZ PARA MERECER ISTO?

SOLICITAMOS á administración educativa da Xunta de Galicia que nos permita, segundo o procedemento normal, poder ofertar o Ciclo Superior de Dirección en Cociña para coñecer a demanda real de alumnado.

Foz, a 14 de xuño de 2011

INFORME

IES da Mariña con Ciclos Superiores para o curso 2011-2012-

Burela ……………………………………………      4
Cervo …………………………………………….      1
Mondoñedo ………………………………………      1
Ribadeo ………………………………………….      2
Viveiro ……………………………………………      2
Foz ……………………………………………….      0

————–
IES de Galicia que teñen familia profesional de Hostalería curso 2011-2012

Coruña:
Coruña.- IES Paseo das Pontes ………………………………… 2
Pontedeume.- IES Fraga do Eume……………………………… 1
Santiago.- CIFP Compostela …………………………………… 3
——————–
Lugo:
Lugo.- IES Sanxillao ……………………………………………1
Foz ……………………………………………………………..  0
——————–
Ourense:
Vilamarín.- IES de Vilamarín ………………………………….. 1
———————
Pontevedra:
Pontevedra.- CIFP Carlos Oroza ………………………………. 3
Vigo.- IES Manuel Antonio…………………………………….  3

Tendo en conta a orde que vai regular a oferta educativa para o ano académico 2011-2012 na que o artígo 2º dí:

Requírese un número mínimo de doce solicitudes de matricula admitidas para cada centro educativo nas cidades de A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo e de oito solicitudes en cada centro do resto de Galicia, para cada un dos ciclos de grao medio ou superior.

O curso pasado o número de alumnos matriculados no ciclo superior de restauración foi de 13 asistindo a clase durante todo ano 9.

¿ Que criterios se utilizaron para deixar o IES de Foz sen ensinanzas de ciclo superior de hostalería cando o informe da Inspección foi favorable a implantación do C S de Dirección de Cociña?
E de resaltar que no estudio que o equipo directivo do centro fixo coa inspección non se precisa profesorado para a impartición do C.S. antes aludido.
¿ Como se pode argumentar que non temos alumnos cando o prazo para a presentación de solicitudes e do 17 de xuño o 2 de xullo e do 1 ao 12 de setembro para o vindeiro curso?

Exit mobile version