Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela e a ONG Ecos do Sur traballan no Proxecto Europeo Opción e Futuro para xoves

Nota de prensa

BURELA ACOLLERÁ O VINDEIRO MÉRCORES UN SEMINARIO DO PROXECTO EUROPEO OPCIÓN E FUTURO NO QUE TRABALLAN O CONCELLO E ONG ECOS DO SUR.

Burela, 17 de xuño de 2011. O Concello de Burela está a traballar coa ONG Ecos do Sur no Proxecto Europeo Opción e Futuro, que como prioridades ten dous grandes obxectivos: formar aos xoves dos países de orixe en autoemprego e creación de empresas e a informalos da realidade migratoria si optan polo camiño da emigración.

Segundo explica a concelleira-delegada de Servicios Sociais e Sanidade, Diana Durán, “este traballo estase a facer en Portugal, Cabo Verde, Mozambique e San Tomé e Príncipe e ao ser Cabo Verde un dos países co que se traballa directamente, a dirección do proxecto decidiu colaborar coa comunidade caboverdiana asentada no noso municipio”. Por este motivo o vindeiro mércores, día 22 de xuño, terá lugar un seminario de dito proxecto no Salón de Plenos do Concello de Burela ás 11:00 horas, no que participarán poñentes dos países mencionados anteriormente, técnicos da ONG Ecos do Sur e do Concello e membros da comunidade caboverdiana.

Exit mobile version