Site icon Crónica3.com A Mariña

O día 5 de xuño celebrase o Día Mundial do Medio Ambiente

Nota de prensa

5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente: COAS NOSAS RÍAS, NON SE XOGA!

Este 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, a Coordenadora en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas, da que fai parte ADEGA e integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías, organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos unha manifestación en Muros baixo o lema “COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA”. O percurso reivindicativo partirá ás 12h dende o porto de Muros e rematará nos muíños de maré do Pozo do Cachón coa lectura dun Manifesto e cunha xornada de convivio e lecer. Facemos un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas rías.

Avanzo do manifesto:

“A instalación de gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros e Noia representa outro episodio na confrontación entre dous modelos de obtención de alimentos. Por unha banda, o da pesca de baixura, o marisqueo e os cultivos mariños que aproveita os recursos propios e depende do bo estado das rías. Por outra, o modelo da acuicultura industrial intensiva que fabrica peixes en cadea e deixa graves danos nos ecosistemas acuáticos. […] Esiximos da administración a retirada dos proxectos de acuicultura intensiva do salmón nas rías e dos peixes planos no litoral. Demandamos o apoio decidido dun modelo extractivo sustentábel, baseado na pesca artesanal, no marisqueo e nos cultivos mariños de bivalvos, e centrado na conservación dos ecosistemas litorais.

Exit mobile version