Site icon Crónica3.com A Mariña

O futuro dos montes galegos pasa pola súa xestión sustentable, integral, activa e participativa

Nota de prensa

O futuro dos montes galegos pasa pola súa xestión sustentable, integral, activa e participativa

Melide, 4 de xuño de 2011. As xornadas “O monte: oportunidade sustentable fronte a crise”, organizadas por ADEGA e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man común (ORGACCMM) dentro da Campaña en defensa do territorio “Ponte no medio. Móvete polo territorio” que hoxe tiveron lugar en Melide, concluíron con grande éxito de público. Centos de persoas achegáronse á vila melidente para escoitar máis dunha ducia de experiencias de comunidades de montes veciñais en man común de Galiza que apostaron pola xestión sostible do monte, é dicir, pola multifuncionalidade, a xestión integral, a creación do emprego, a busca do benestar social e o respecto do medio natural: eixos nos que se fundamenta o futuro do monte en Galiza. Os relatores animaron á sociedade galega a apoiar e defender o monte comunal fronte as reformas legais que favorecen a súa privatización e, mesmo desaparición.

As conclusión extraídas de cada unha das palestras destas xornadas enuméranse a continuación:

Exit mobile version