Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno do Concello de Burela gastará máis de 85 mil euros en tres dedicacións exclusivas

Nota de prensa

O EQUIPO DE JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA REBAIXA NUN 7,5% A CANTIDADE ADICADA A SOLDOS, PASANDO DE 92.524 EUROS A 85.583 EUROS ANUAIS. TERÁN ADICACIÓNS EXCLUSIVAS O REXEDOR E OS CONCELLEIROS MANUEL FERNÁNDEZ VALLE E DIANA DURÁN GARCÍA.

Burela, 21 de xuño de 2011. O equipo de goberno burelés que preside o popular José María González Barcia adoptará hoxe, martes, en sesión plenaria a celebrar ás oito da tarde, unha serie de acordos para fixar o organigrama de goberno do Concello para os vindeiros catro anos. Haberá reduccións nas contías das adicacións exclusivas e tamén nas asignacións económicas ós grupos políticos.
Na súa comparecencia ante dos medios de comunicación deste mediodía o rexedor subliñou que “sen dúbida, o acordo máis importante será a rebaixa dun 7’5% da cantidade que se adica anualmente a soldos do alcalde e concelleiros con adicación. Así, o aforro por ano será de aproximadamente cinco mil euros, xa que a contia total pasa de 92.524’00 euros a 85.583’00 euros”. As persoas que contarán con adicación exclusiva serán, ademais do propio alcalde, Manuel Fernández Valle e Diana Durán García.
González Barcia contou que “en términos económicos, tamén baixa a contía adicada a gastos de kilometraxe para os concelleiros e descende a contía que se fixaba para asignación ós grupos políticos, que pasa de 1.300 euros a 1.000 euros por cada grupo político. Continúan cos mesmos importes as asignacións por asistencia a plenos, xuntas de goberno e comisión informativas”.
No que se refire ó réxime de sesións plenarias, os plenos ordinarios, de acordo coa filosofía e o discurso mantido polo PP hai catro anos, celebraranse cada dous meses, os derradeiros xoves dos meses impares. Segundo explica o rexidor, José Mª González Barcia, “deste xeito, procúrase dotar ós plenos de auténtico contido, ademais de buscar un aforro económico. En todo caso, e sempre que sexa preciso, celebraranse os plenos extraordinarios que se consideren oportunos”.
Pola súa banda, a xunta de goberno local celebrará dúas sesións ordinarias cada mes, e aquelas que de carácter extraordinario sexan precisas.
O alcalde de Burela, José María González Barcia, considera que “de entrada, xa estamos a facer recortes, que non teñen unha grande repercusión, pero que de momento vannos permitir aforrar para que se poidan comenzar a tapar algún pequenos buratos”.
Barcia indicou que a situación económica na que nos atopamos “é francamente mala, e de todo eso o que máis nos preocupa é que non se vai poder cumplir o capítulo de ingresos. Pero sobre esto falaremos nos vindeiros días, xa que analizaremos polo miudo a situación económica do Concello”.

Exit mobile version