Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro de Burela presenta a revista Maruxía e entrega premios por traballos literarios

Nota de prensa:
PRESENTACIÓN DA REVISTA MARUXÍA E ENTREGA DE PREMIOS NO IES PERDOURO

O venres, 17 de xuño, ás 11:15 h. tivo lugar na biblioteca do IES Perdouro, de Burela, a presentación do número 17 da revista escolar Maruxía. Esta publicación, editada polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e pola Asociación Cultural “Os Matos”, ten periodicidade anual e recolle traballos e actividades realizados no centro durante o curso académico.

Durante o acto de presentación tamén se fixo entrega dos premios do concurso de poesía, relatos e imaxes convocado anualmente no IES Perdouro pola Asociación Cultural “Os Matos”. As obras gañadoras aparecen publicadas no número de Maruxía deste curso e os premiados recibirán un diploma e uns agasallos.

Exit mobile version