Site icon Crónica3.com A Mariña

O Móstoles FSF proclamouse campión de España fronte ao Diamante Rioja por 2 goles a 4

Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA ASISTIU Á FINAL DA COPA DE ESPAÑA DE FÚTBOL SALA FEMININO

O O Móstoles FSF proclamouse campión de España por 2 goles a 4 na final, que disputou contra o Diamante Rioja

LUGO, 03 de xuño de 2011. O Móstoles FSF proclamouse campión de España por 4 goles a 2 na final, que disputou contra o Diamante Rioja, a pasada fin de semana no pavillón Vista Alegre de Burela. Ao partido asistiu numeroso público entre o que se atopaba ademais de Antonio Veiga, delegado de Deporte da Deputación de Lugo, a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, o parlamentario Ismael Rego, representantes do Comité Nacional de Fútbol Sala e da Federación Galega de Fútbol, os seleccionadores nacionais José Venancio López e Arsenio Pascual, así como algunhas autoridades locais.

Nota de prensa

*O MÓSTOLES VALIDA A COPA DE ESPAÑA ANTE UN RIOJA MOI SERIO (2-4)*

O Móstoles FSF proclamouse campión de España esta tarde en Vista Alegre ante un
Diamante Rioja moi serio, con pouca fortuna na finalización. Cun marcador de
2-4, as madrileñas validan o título acadado en 2010 tamén en terras galegas, en
Ourense; a copa de Burela suma a terceira da súa historia.

As primeiras chegadas, aínda que sen moito perigo, foron para as diamantinas. No
minuto 4 tivo unha boa ocasión Bea Martín, pero a presión mostoleña foi tomando
terreo paseniño. Patri Jornet foi a encargada de inaugurar o electrónico para as
madrileñas cando transcorría o minuto 15 de xogo. Espléndida oportunidade de
empatar tivo Bea Martín dous minutos máis tarde, que marchou desviada. A escasos
segundos para o ecuador, Drica desaproveitou un pase de Peque ao pé da portería
de Sonia.

O reinicio do encontro nivelou o marcador. Tan só lle fixeron falta 32 segundos
a Bea Ascacíbar para igualar a contenda. O Móstoles reaccionou impoñendo un
ritmo máis rápido para intentar sorprender e perforar a defensa rioxana. A
mellor oportunidade nas filas madrileñas tívoa no minuto 27, soa ante a meta,
que despexou Marta. Un minuto máis tarde Drica salvou un rexeitamento que quedou
morto en zona perigosa. Con perigosidade por ambas as partes, o Móstoles volveu
tomar a dianteira, no 34, a saque de falta de Patri e ampliou distancias co 1-3,
un minuto máis tarde nunha contra de Beíta que superou a Marta. As rioxanas
intentaron a remontada con Drica como porteira xogadora, pero non resultou; Inma
subiu o 1-4 a porta baleira a menos de dous minutos para o final. Nun roubo de
balón, Peque reduciu a poucos segundos para o remate pero non houbo tempo para máis.

As campioas recibiron a copa de mans do presidente do Comité Nacional de Fútbol
Salada Real Federación Española de Fútbol, Antonio Escribano; o vicepresidente
da Federación Galega de Fútbol, Plácido Díaz, foi encargado de entregar o trofeo
ás subcampioas.

A cita contou coa presenza, da vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara
Méndez, o delegado provincial de Deportes, Antonio Veiga, e o parlamentario
Ismael Rego, que acompañaron no palco de Honra os representantes do Comité
Nacional de Fútbol Sala e da Federación Galega de Fútbol, os seleccionadores
nacionais José Venancio López e Arsenio Pascual eautoridades locais.

  _Ficha técnica_

*Rioja Diamante: *Marta, Peque, Bea Martín, Maite e Drica, no cinco inicial;
tamén xogaron Bea Ascacíbar, Garu, Barbi, Cris

*Móstoles FSF:* Sonia, Sonso, Beíta, Bea e Patri Jornet, no cinco inicial; tamén
xogaron Patri, Ju Delgado, Inma, Eva Manguán,

*Goles:* 0-1, minuto 15, Patri Jornet; 1-1, minuto 20, Bea Ascacíbar; 1-2,
minuto 34, Patri; 1-3, minuto 35, Beíta; 1-4, minuto 38, Inma, 2-4, minuto 39,
Peque.
Exit mobile version