Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera incomprensible que o Estado non teña posto todo o dispositivo de axuda aos boniteiros

Nota de prensa:
O Goberno socialista central deixa abandonados aos tripulantes destas embarcacións ante calquera situación de emerxencia médica ou sanitaria

O GRUPO POPULAR DENUNCIA QUE O BUQUE HOSPITAL JUAN DE LA COSA XA NON ACOMPAÑA Á FLOTA BONITERA

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro considera incomprensible que o Ministerio non teña posto en marcha todo o operativo de apoio semanas despois de iniciada a campaña estival de pesca.

O groso da flota bonitera faena a 4 días de viaxe do porto de Burela e a día e medio de distancia das illas Azores, o que complica calquera operativo de emerxencia, rescate ou evacuación que poida ser necesario activar.

Santiago, 28 de xuño de 2011.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, denunciou hoxe que o buque hospital Juan de la Cosa, propiedade do Instituto Social da Mariña xa non acompaña ás embarcacións que están a participar na campaña estival de pesca do bonito, en aguas do Atlántico.

Deste xetio, o Goberno socialista central deixa abandonados á súa sorte aos tripulantes destas embarcacións pesqueiras ante calquera situación de emerxencia médica ou sanitaria que poida acontecer, e na que se precisara ou da tecnoloxía e aparataxe que dispón este barco hospital ou da intervención do persoal médico facultativo que nel traballa.

Jose Manuel Balseiro explicou que a situación de desprotección é ainda maior se temos en conta que a flota bonitera está faenando –en cómputo medio- a catro días de viaxe do porto de Burela e a día e medio das illas máis próximas, as Azores, polo que esta enorme distancia complica a eficacia de calquera operativo de emerxencia ou evacuación que poida ser necesario poñer en marcha.

RESPONSABILIDADE DA MINISTRA

O portavoz popular considera incomprensible que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño non teña despregado todo o operativo de apoio á flota bonitera semanas despois de iniciada a campaña estival e responsabiliza directamente aos cargos políticos deste departamento ministerial e á propia Ministra, Rosa Aguilar, de calquera incidencia que poida ter lugar, durante o tempo que se prolongue esta situación de abandono.

Nos días pasados o Grupo Parlamentario Popular xa denunciou o deficiente operativo disposto en apoio da flota bonitera por parte do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño. Balseiro alertaba da falta do buque da armada, que entre outras funcións garante a seguridade da tripulación e colabora en caso de algún tipo de incidencia técnica ou mecánica. Agora tamén o Goberno socialista retira o barco hospital, moi probablemente, para aforrarse uns cartos, poñendo en risco a saúde destes profesionais do mar.

Exit mobile version