Site icon Crónica3.com A Mariña

O Residencia impúxose por 2-1 ao Xermade na final da Copa Deputación de fútbol de 2ª e 3ª autonómica

Nota de prensa

O RESIDENCIA É O VENCEDOR DA XXVIII COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL DE 2ª E 3ª AUTONÓMICA

Impúxose ao conxunto de Xermade no partido disputado no campo municipal de Alfoz, que se encheu cos afeccionados dos dous equipos

LUGO, 18 de xuño de 2011. Esta tarde o delegado de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, entregou o trofeo de campión da XXVIII Copa Deputación de Lugo de Fútbol ao Residencia, que se impuxo por 2-1 ao Xermade, nun partido moi disputado, no que ambos conxuntos demostraron o porque do seu ascenso de 2ª a 1ª Autonómica.

O Xermade, habitual finalista da Copa Deputación de Lugo, non conseguiu novamente alzarse coa Copa Deputación, nun partido no que a Residencia rendabilizou as ocasións das que dispuxo, e fixo gala dun xogo ofensivo. O Xermade, logrou este ano u o ascenso á 1ª rexional, ao igual que o seu rival nesta XXVIII Copa Deputación de Lugo, o Residencia, facendo unha excelente campaña.

A Área de Deportes da Deputación realiza para organizar esta competición, achegando case 90.000 euros. Dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.

Exit mobile version