Site icon Crónica3.com A Mariña

O Rioja gaña un pase para a final da copa de España eliminando ao favorito Ponte Ourense (0-1)

Nota de prensa

O RIOJA GAÑA UN PASE PARA A FINAL DA COPA DE ESPAÑA ELIMINANDO AO FAVORITO
PONTE OURENSE (0-1)_

__

_As semifinais da Copa de España Burela 2011 comezaron con sorpresa. O equipo
revelación, o Rioja Diamante, que xa eliminou en cuartos o Atlético de Madrid
Navalcarnero, tocou na campá da fortuna vencendo ao favorito ao título, Ponte
Ourense SAD por un axustado 0-1._

__

_O Rioja Diamante contivo a forza e as chegadas perigosas do campión de liga
cunha defensa moi traballada e aparicións moi acertadas da gardameta
logroñesa. E chegou a recompensa, a falta de pouco máis de tres minutos para o
descanso, co gol de Bea Martín, nunha contra conducida por Peque._

_No segundo período, a coraxe ofensiva comezou equilibrada, pero o furacán
pontino foi in crescendo. No minuto 24, Laura tivo unha boa ocasión de igualar
a contenda nun lanzamento que lle foi moi alto. Pouco despois Peque salvou as
rioxanas sacando in extremis o balón nunha chegada de Marta que superou as
liñas da porteira logroñesa._

_O asedio ourensán non atopou nin a máis mínima fenda da defensa rioxana, que
pelexou por ampliar as distancias en contados contraataques. A falta de cinco
minutos para o asubío final, intentárono as galegas con xogo de cinco,
abandeiradas por Laura, pero o esférico conseguía bater no vermello rioxano
para saír da pista._

Acometida tras acometida o campión da liga de Honra desesperouse en tentativas;
a falta de 13 de segundos Ana tivo a última ocasión clara sen éxito, e concluíu
a cita, por primeira vez en toda a temporada, co marcador a 0.

__

__

_Ficha técnica_

*Ponte Ourense SAD: *Eva, Marta, Ampy, Bea e Laura, no cinco inicial ; tamén
xogaron Sarita, Souza, Ana

*Rioja Diamante:*Marta, Bea Martín, Barbi, Peque e Drica, no cinco inicial;
tamén xogaron Garu, Maite, Bea

*Goles: *0-1, minuto 16, Bea Martín.

*Tarxetas amarelas: *Sara, minuto 9

Exit mobile version