Site icon Crónica3.com A Mariña

Organizan unha homenaxe ao párroco de Foz, San Martiño, Fazouro e Santa Cecilia, Antonio Domínguez

Nota de prensa

Celebración do cincuenta aniversario da ordenación sacerdotal de don Antonio Domínguez Martínez, párroco de Foz, San Martiño, Fazouro e Santa Cecilia
Neste ano 2011 celébrase o cincuenta aniversario da ordenación sacerdotal e don Antonio Domínguez Martínez, párroco de Foz (Santiago), San Martiño, Fazouro e Santa Cecilia. Sendo esta cuestión motivo de grande alegría entre os seus fregreses é polo que o vindeiro domingo 19 de xuño se celebrará ás trece horas (unha da tarde) unha Misa solemne na Igrexa Parroquial de Santiago de Foz, que estará cantada polo Coro Parroquial e intervirán representantes de todos os grupos pastorais da parroquia como mostra de gratitude cara don Antonio.
E como en toda celebración que se precie non pode faltar un xantar de fraternidade, o cal terá lugar a continuación da Misa no Restaurante Leyton de Foz. O precio por comensal é de trinta euros, podéndose recoller as tarxetas no propio restaurante Leyton, no bar-restaurante O Lar ou chamando por teléfono ós números 982 14 00 78 ou 628 51 08 14. Prégase a máxima premura na recollida nas tarxetas xa que o aforo é limitado.
Desde o grupo que está a organizar este evento anímase a todos os fregreses a participar nas actividades programadas, con especial fincapé na celebración eucarística, pois creemos que esta é a mellor maneira de mostrar o noso aprecio cara don Antonio, un sacerdote que nos anos que leva na nosa parroquia mostrouse sempre do lado de quen o necesitaba, plenamente integrado na vida focense e traballando por sacar adiante as súas parroquias, a pesares das dificultades que os tempos actuais nos deparan.

Exit mobile version