Site icon Crónica3.com A Mariña

Os indignados do Prado de Ramos

Os indignados do Prado de Ramos.

Tal como ocorre no panorama actual, unha parte da sociedade, os que podemos denominar NINJAS (no incomes, no jobs, no assets que traducido serían os que non teñen ingresos, nin traballo nin propiedades) estanse a manifestar por un cambio no réxime político que nos goberna hoxe en día, é o chamado Movemento 15M.

Paralelo a este Movemento 15M xurde un novo no pobo de Foz. Aconteceu no primeiro fin de semana da época estival, na vila turística de Foz, que é turística non so pola xente da “high-class”, tamén chamados a “Jet-Set” en Porto Banús.

Pois neste caloroso fin de semana a xente que ano tras ano se asenta no prado do paseo da praia da Rapadoira, moitos deles da terceira idade, foron privados dos seus hábitos do verán, é dicir, almorzar no prado e logo sestear un anaco. Foron afastados e incluso multados por face-lo que todos os anos fan, e que sen darnos conta pode que sexa a única maneira de veranear que saiban. Sen previo aviso, soamente cun carteliño que o tomaron a broma, como se non estivésemos no verán senón a 28 de Decembro.

Esta é a primeira medida do novo goberno popular en Foz dirixido polo Sr. Javier Jorge Castiñeira, unha medida acertada para algúns e coa que discrepan outros tantos. Quizais sexa un guiño a esa proposta que anunciou a bombo e platillo, o proxecto da Reorganización da zoa portuaria, que entre outras instalacións, cóntase cun porto deportivo con 500 amarres, dragado duns 300.000 metros cúbicos de area da ría, parking para 300 vehículos, casa da Música, Centro de Ocio con 3 cines…en fin, un Porto Banús.

Agora pódese ir entendendo o porque do desaloxo, anque se o proxecto vai para 40 anos como din, quizais os desaloxados deberían ser os netos desa xente.

M. M. Fernández.

Exit mobile version