Site icon Crónica3.com A Mariña

Os xuvenis do C.D. San Ciprián xogan o ascenso ante o Santa Comba

Nota de prensa

VILLARES CONVIDA AOS VECIÑOS E VECIÑAS A ANIMAR AOS XUVENÍS DO C.D. SAN CIPRIÁN

Cervo, 10 de xuño de 2011.- O alcalde en funcións, Alfonso Villares, convidou a todos os veciños a asistir mañá sábado a partires das cinco da tarde ao estadio municipal da Veiga para presenciar o encontro de fútbol de categoría xuvenil entre o o C.D. San Ciprián e o Santa Comba e no cal o equipo anfitrión se xoga o seu ascenso á liga galega desta categoría.

Ademais de lembrar a importancia que ten para estes rapaces o apoio dos afeccionados de cara a conseguir o ansiado ascenso, Villares tamén salientou o bo momento de forma dos xogadores sancibrenses. “O certo é que merecen ganar polo bon fútbol que fan e por iso convido a toda a xente a que vaian a ver este partido onde a bo seguro poderemos ver un gran partido de fútbol” indicou.

Exit mobile version