Site icon Crónica3.com A Mariña

Paso Miúdo realizará III ruta de sendeirismo “polas pegadas do Mariscal”

A asociación de sendeirismo “Paso Miúdo” realizou o pasado día 19 a XXIV Travesía Costa Naviega, onde participou xunto con outras asociacións sendo un total de 1700 persoas. Esta asociación colaborará no XIII Mercado Medieval de Alfoz o día 16 de xullo, facendo a III ruta de sendeirismo “polas pegadas do Mariscal”. Todas aquelas persoas que desexen participar deberán apuntarse ata o día 12 no teléfono do concello de Alfoz nº 982558581 ou en pasomiudo@gmail.com Á chegada obsequiarase os participantes con comida e bebida para repoñer forzas

Exit mobile version