Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentaron en Mondoñedo un número da revista “Amencer” adicada a Álvaro Cunqueiro

Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU EN MONDOÑEDO NA PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO NÚMERO DE “AMENCER”

O número 213 desta publicación é un monográfico dedicado ó gran fabulador mindoniense Álvaro Cunqueiro, co gallo de cumprírense os cen anos do seu nacemento

MONDOÑEDO, 22 de xuño de 2011. O delegado de Cultura da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, asistiu esta tarde ao acto de presentación do número 213 da revista Amencer, que elaboran os alumnos do Seminario de Santa Catalina desde 1982. Na presentación da revista, ademais de Antonio Veiga, tamén estiveron presentes coordinador da revista, Félix Villares e Óscar Santiago, e o equipo de redacción da mesma, formada por Álvaro Barreira, David Otero, Luís Torreira, Marc Silva, Braulio Casavella e Juan José Montouto, ademais de por Miguel Ángel Rubal, que exerce como redactor xefe, o subdirector, Roberto González, e o director, David Machado, todos eles estudantes de ente primeiro e cuarto de ESO.

O número está dedicado a Álvaro Cunqueiro co gallo dos 100 anos que se cumpren do nacemento do escritor mindoniense. Tanto na xeografía galega como fóra de Galiza están a realizarse numerosas homenaxes ao gran fabulador mindoniense, e a redacción de Amencer súmase deste xeito a elas por medio das páxinas desta publicación. Colaboraron na elaboración deste número Xaquín Marín, Alicia Tella-Villamarín, Isidro Fernández Villalba ou Ramón Loureiro, así como a Área de Cultura da Deputación de Lugo e a Asociación Cultural Amigos de Amencer.

Exit mobile version