Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentáronse as finais da XVIII Copa Deputación de fútbol

Nota de prensa:
PRESENTÁRONSE AS FINAIS DA XVIII COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL

Os partidos xogaranse esta fin de semana nos campos de fútbol de Alfoz e do Corgo

LUGO, 16 de xuño de 2011. Esta mañá o delegado de Deporte da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, presentou as finais da XXVIII Copa Deputación de Lugo de Fútbol, que se disputarán esta fin de semana en Alfoz e no Corgo. No acto de presentación tamén estivo presente o delegado da Federación Galega de Fútbol e director deportivo do CD. Lugo, Carlos Mouriz, así como representantes dos diferentes clubs que disputan as finais.

O delegado explicou que “o sábado 18, ás 18:00 horas, xogarán no campo de fútbol de Alfoz o C.D. Xermade e o S.D.C. Residencia a final de 2ª e 3ª autonómica”. O domingo 19, ás 17:30 horas, o Milagrosa, o Friol e Monte Forte disputarán a final da III Copa Feminina, e ás 19:30 horas, a final de preferente e 1º autonómica disputarase entre o S.D. Outeiro de Rei e o Club Lemos. Antonio Veiga agradeceu aos alcaldes de Alfoz e do Corgo, así como aos clubs dos concellos por ceder as instalacións para a celebración das finais. O delegado manifestou a súa satisfacción porque “este ano hai un equipo máis na categoría feminina, co cal vemos que os nosos obxectivos de igualar o fútbol masculino ao feminino vaise cumprindo pouco a pouco”. Rematou manifestando a súa certeza de que “esta será unha fin de semana de ledicia para o fútbol da provincia de Lugo”.

Pola súa banda, Carlos Mouriz, delegado da Federación Galega de Fútbol, agradeceu todo o esforzo que está a realizar a Área de Deportes da Deputación apoiando o fútbol lucense e afirmou que o exemplo de que esta Copa Deputación é un éxito está en que participan case a totalidade dos equipos da provincia.

A Área de Deportes da Deputación realiza para organizar esta competición, achegando case 90.000 euros. Dos clubs deportivos participantes no trofeo, o campión e subcampión da categoría 1ª Autonómica e Preferente Autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º Autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.

Exit mobile version