Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematou a Liga Galega “Zona Norte” de bolos

NOTA DE PRENSA

REMATOU A LIGA GALEGA “ZONA NORTE” DE BOLOS

Hai uns dias rematou a Liga Galega de Bola da “Zona Norte” na súa cuarta edición, Liga que cada ano conta con máis xogadores, e que neste intre engloba a máis de 200 xogadores federados. Destes federados, máis de 40 son xogadoras, o que amosa un alto nivel de participación feminina e un excelente grado de aceptación deste deporte por parta das mulleres.

No tocante a CATEGORÍA INDIVIDUAL MASCULINA, Ginés Rodríguez do Club de Bolos Xove conseguiu a súa 2ª Liga nas catro edicións disputas, en dura pugno con Adrián Bouso do Club Meilán-Santa Marta (2º) e Arturo Vigo do Club de Bolos Xove. (3º).

Na CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA, gañou Edita González do Club Arcasco, seguida pola xovense Maria Carmen Roca.

En CATEGORÍA SUB 18 o dominio dos xogadores do Club de Bolos Xove foi total, acadando os tres primeiros lugares: 1º Oscar Pérez, 2º Cristian Javier Rodríguez e 3º Alejandro Meitín.

Por CLUBS, o Club de Bolos Xove acabou segundo, cos mesmos puntos que o campión o Club de Bolos Meilán-Santa Marta. Por primeira vez nas catro edicións realizadas o Club de Bolos Xove non foi capaz de gañar nesta categoría.

Exit mobile version