Site icon Crónica3.com A Mariña

Satisfacción do PP de Lugo polos resultados do 22-M

Nota de prensa:
Satisfacción no Partido Popular de Lugo polos resultados do 22-M

No comité executivo celebrado hoxe salientaron que o PP segue a ser a forza maioritaria na provincia, cun incremento do 5 por cento con respecto ó 2007. Uns resultados que permitiron ós populares gañar as eleccións en 50 dos 67 municipios de Lugo, en 40 deles por maioría absoluta

Lugo, 1 de xuño de 2011.- A provincia de Lugo é popular. Esa é a conclusión sacada hoxe polo comité executivo do PPdeLugo durante a reunión celebrada a última hora da tarde para valorar pormenorizadamente os resultados electorais tras os comicios do 22-M. Os asistentes salientaron ó traballo desenvolvido durante a campaña e os resultados logrados.

Na súa opinión, os lucenses puxeron claramente de manifesto o seu rexeitamento frontal á política levada a cabo polo Partido Socialista e que colocou ó país nunha situación tremendamente delicada e amosaronse rotundamente partidarios de que sexa o Partido Popular o que lidere o cambio que precisa o país.

Así, os populares, tras agradecer a confianza depositada neles pola maioría do electorado, salientaron que os 105.171 sufraxios acadados (o 47%) supoñen incrementar un 5 por cento (5.364 votos) os resultados das municipais de 2007.

Ata tal punto que, excluindo a variación do censo e os efectos do voto Cera, o PP atoparíase nunha porcentaxe similar ás municipais de 2003 e autonómicas 2009 e máis dun punto por riba das xerais de 2008.

O Partido Popular de Lugo, que concurriu a esta cita electoral con 24 candidatos novos, obtivo, de feito, 3.216 votos máis que PSOE e BNG xuntos, situando a Lugo como a provincia galega, só por detrás de Ourense, que mellores resultados logrou e tamén a segunda en incremento de voto (tras a da Coruña). Lugo tamén é a provincia que rexistrou un maior grao de participación, o 76,01 por cento.

Un respaldo que permitiu ós populares acadar 12 deputados provinciais e quedarse a tan só 119 votos de obter un máis no partido xudicial de A Fonsagrada e a 381 votos para duplicar ó Partido Socialista en Vilalba e, polo tanto, obter outro deputado máis.

Así, o PP foi o partido máis votado en cinco dos seis partidos xudiciais (gráficos adxuntos) e subiu, de feito, en porcentaxe de voto e en número de votos en cinco dos seis partidos xudiciais. De tal xeito que o 52,3 por cento dos concelleiros electos tras o 22-M (385) son do PP. Un dato que supón 41 ediles máis que en 2007.

No que respecta ós concellos, o PP gañou as eleccións en 50 (o 75%); por maioría absoluta en 40 (60%) e por maioría relativa nos outros dez;

e mellorou os resultados en comparanza coas municipais de 2007 en 56, é dicir, no 83,5 por cento. Este incremento do respaldo permitiu ós populares acadar as alcaldías de Begonte, Burela, Castro de Rei, Folgoso do Courel, Meira, As Nogais, Portomarín, Sarria e Triacastela.

O incremento de case 9 puntos experimentado en Lugo capital con respecto ós comicios de 2007, que se traduce en 4.416 votos máis, foi outro dos datos salientados durante a xuntanza. O PP acadou neste municipio o respaldo maioritario do electorado, o 44,25 por cento, case seis puntos por riba do PSOE.

PARTIDO XUDICIAL DE LUGO VOTOS MUNICIPAIS 2011

DIPUTADOS

VOTOS MUNICIPAIS 2007

DIPUTADOS

PP 45.894

(46,97%)

6 39.956

(39,41%)

5
PSOE 34.745

(35,56%)

5 39.801

(39,25%)

5
BNG 9.534

(9,76%)

1 14.157

(14,06%)

1

PARTIDO XUDICIAL DE VILALBA VOTOS MUNICIPAIS 2011

DIPUTADOS

VOTOS MUNICIPAIS 2007

DIPUTADOS

PP 12.143

(55,9%)

1 11.782

(50,58%)

1
PSOE 6.262

(28,83%)

1 7.740

(33,26%)

1
BNG 2.352

(10,82%)

0 2.296

(9,85%)

0

PARTIDO XUDICIAL DE A FONSAGRADA VOTOS MUNICIPAIS 2011

DIPUTADOS

VOTOS MUNICIPAIS 2007

DIPUTADOS

PP 2.704

(44,24%)

0 2.598

(37,28%)

0
PSOE 2.822

(46,75%)

1 2.734

(39,24%)

1
BNG 460

(7,52%)

0 1.207

(17,32%)

0

PARTIDO XUDICIAL DE MONDOÑEDO VOTOS MUNICIPAIS 2011

DIPUTADOS

VOTOS MUNICIPAIS 2007

DIPUTADOS

PP 24.030

(45,19%)

3 23.766

(42,04%)

3
PSOE 14.125

(26,56%)

2 18.566

(32,92%)

2
BNG 10.232

(19,24%)

1 9.849

(17,33%)

1

PARTIDO XUDICIAL DE MONFORTE VOTOS MUNICIPAIS 2011

DIPUTADOS

VOTOS MUNICIPAIS 2007

DIPUTADOS

PP 11.998

(46,69%)

1 11.843

(42,10%)

1
PSOE 6.652

(25,89%)

1 7.363

(26,17%)

1
BNG 6.316

(24,58%)

0 7.892

(28,06%)

1

PARTIDO XUDICIAL DE CHANTADA VOTOS MUNICIPAIS 2011

DIPUTADOS

VOTOS MUNICIPAIS 2007

DIPUTADOS

PP 8.402

(42,95%)

1 9.862

(47,78%)

1
PSOE 5.809

(29,70%)

1 6.956

(33,86%)

1
BNG 2.646

(13,52%)

0 3.656

(17,7%)

0
Exit mobile version