Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha proposta cidadá para Foz

Unha proposta cidadá para Foz

En Foz, e visto os resultados electorais, quedou claro que o consenso foi un dos dictados que o electorado decidiu. Neste semblante, habería que deixar as siglas a un lado, xa sabemos que é dificil, pero escoller ao alcalde máis competente que pode ser elexido nestes momentos de crise e sabendo como quedan as arcas do concello e os tempos que veñen.

1º.- O Candidato exposto polo PSOE, necesitaría algún tipo de experiencia no eido municipal que, de momento, non ten. Os cargos corporativos e políticos, non son o mesmo que a vida municiapal. So necesita de tempo, e os que lle siguen na lista, tampouco ofrecen claramente unha experiencia, nin un aval que os arroupe.

2º.- O Candidato do PP, creo que peca da mesma dificultade, non ten curriculum nin sequera na oposición e os compañeiros da súa lista, tampouco están moi inmiscuidos na vida asociativa nin de apoio na vida diaria de Foz.

3º.- O Candidato do BNG, aínda que sí con moita experiencia, as súa elección é claramente díficil.

Con esta exposición, e aínda que todos eles persoas válidas, creo, que como moita xente cre, o Candidato a Alcaldía por UNIFOZ, Xaime Cancio, é o único que pode sacar a este concello da mediocridade na que está nestes momentos. Non fun votante de UNIFOZ, pero visto os resultados e as declaracións que están saíndo na prensa, entendo que necesitamos a unha persoa que sexa de consenso, que traballe e que sobre todo PRIORICE O GASTO, nestes tempos que estamos a sufrir todos.

Hai que pensar no pobo, no que necesita realmente e non pensar so en clave persoal, nin de feridas por ningunha das partes. Comezar un novo periodo, máis integrador, co apoio de todos, e iso creo que so esta nas mans de Candidato de UNIFOZ.

Saúdos.

J.R.F.

Exit mobile version