Site icon Crónica3.com A Mariña

Unións Agrarias pide reordear a marca Ternera Galega e impulsar unha nova marca de calidade

Nota de prensa

UNIÓNS AGRARIAS PIDE REORDEAR A MARCA TERNERA GALEGA E IMPULSAR UNHA NOVA MARCA DE CALIDADE Vac.1

Resalta que é imperioso un aumento da renda das explotacións gandeiras coa suba dos prezos da carne de calidade.

Viveiro, 24 de xuño de 2011.- O sindicato Unións Agrarias tivo hoxe unha rolda de prensa con varios medios de comunicación (COPE, ONDA CERO, PROGRESO,…) para recalcar a urxencia dunha mellora nos prezos da carne. Ante a suba de prezos constante de abonos, piensos, gasóleo,…, as explotación lles costa cada vez mais chegar a fin de mes.

Unions Agrarias opta por cambiar a marcaxe de Ternera Galega e simplificar a súa clasificación. Reclama que se marque como Ternera Galega únicamente o que hoxe se marca como “Ternera Galega Suprema”, aproveitar o recoñecemento que ten esta marca como producto de calidade para os becerros que estean libres no campo e mamando leite da nai. O obxetivo e percibir un prezo real por unha calidade de primeiro nivel.

Os demais becerros se marcarían con outro selo de calidade, Vac.1, becerros tamén de boa calidade pero que non son unha “delicatessen”.

Con estas dúas marcas se podería abarcar toda a producción galega en marcas de calidade.

Resaltar a importancia deste sector na Comarca Da Mariña, posto que hai mais de 1900 explotacións de carne con un número maior de 13000 vacas productoras. Isto supón incremento anual de mais de 7000 becerros, que con os prezos actuais ronda un ingreso arredor dos 6 millóns de euros.

Hoxe hai unhas 500 explotacións en Ternera Galega.

Exit mobile version