Site icon Crónica3.com A Mariña

Uns 60 alumnos e alumnas participaron na “Xornada de convivencia musical de Xove”

NOTA DE PRENSA

ÉXITO DA Iª XORNADA DE CONVIVENCIA MUSICAL DE XOVE

Onte, domingo 19 de xuño, tivo lugar en Xove a “Iª XORNADA DE CONVIVENCIA MUSICAL DE XOVE”, organizada pola Concellería de Cultura do Concello de Xove a través da súa Escola Municipal de Música de Xove, e que contou coa colaboración organizativa do Conservatorio de Música de Fingoi, da capital lucense. Na mesma participaron uns 60 alumnos/as de ambas escolas con idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos, xunto con varios compoñentes da Aula de Formación de Adultos da Escola Municipal de Xove.
Tratouse dunha xuntanza lúdico-educativa, xa que houbo tempo para o estudo e tamén para o lecer.
Musicalmente, aproveitoise para realizar un traballo de música orquestal a través de diferentes épocas e autores; concretamente traballouse con obras de J. S. Bach, Roman e a coñecida pedagoga estadounidense Sheila Menson, coa súa coñecida Suite Italiana.
O Programa da Xornada foi o seguinte:
-12:00 a 14:00 h.- Ensaios conxuntos na Escola Municipal de Música en Palmeiro.
-14:00 a 16:00 h.- Xantar conxunto de ambas Escolas e  actividades lúdicas no Parque de Xove.
-16:00 a 18:30 h.- Ensaios no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
-19:00 h.- Concerto Final. O mesmo comezou coa participación de varios grupos da Escola Municipal, remantado con varias pezas interpretadas conxuntamente por ambas Escolas. Resaltar neste concerto a asistencia de público, máis de 200 persoas que prácticamente encheron o Salón de Actos.

Exit mobile version