Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre as comidas no xardin da Rapadoira e as terrazas dos locais de hosteleria de Foz

SOBRE AS COMIDAS NO XARDIN DA RAPADOIRA E AS TERRAZAS DOS LOCAIS DE HOSTELERIA DE FOZ

Fai algunhas datas o Alcalde de Foz prohibiu pisar e as comidas no xardín situado preto da Rapadoira. Eu non estou nin a favor nin en contra de esta decisión. Pero en todo caso gustaríame facer unha serie de puntualizacións o sobre o tema:

– Antes de tomar unha medida como esta un debe de estudar o tema. Os puntos en contra e a favor. Consultar os posibles afectados e os demais membros da corporación. O ser alcalde dun pobo non significa facer o que un lle dea en gana. Mais ben todo o contrario, debese gobernar para todo o pobo buscando o mellor para a maioría.

– Unha vez tomada a mellor decisión debese facer cumprir. Un non pode tomar unha decisión e despois facer deixadez do seu cumprimento. Tampouco se debe de tomar unha decisión que logo non se vai facer cumprir pois perdese o principio de autoridade.

– A decisión tomada debe ser xusta i equitativa. Non pode ser unha vara de medir para uns e outra para outros. Isto que quere dicir, pois ben, que non se pode prohibir pisar o céspede durante o día e permitir que durante as noites se use libremente e mesmo se use como lugar de botellón. Tamén se debería prohibir que as persoas levasen a pasear por ese xardín os cans.

– Por último gustaríame facer unha suxerencia. Como todos sabemos non existe moita zona axardinada no entorno da Rapadoira mentres que se pode dicir que sobra praia. Pois ben eu animo a que se estude a posibilidade de axardinar unha parte de praia, preto o muro do faro a mais lonxana a liña de costa. Nesta zona axardinada poderíase instalar un parque infantil para disfrute dos mais pequenos e uns merendeiros como un servizo mais da praia.

Con respecto as terrazas dos locais de hostalería todos sabemos a importancia que ten a época estival para os negocios de hostalería de Foz. E unha época importante para os seus negocios e para a creación de emprego estacional nun entorno de crise importante. Neste sentido eu son partidario de dar todo tipo de facilidades para a implantación de terrazas salvagardando para min catro puntos innegociables, a saber:

– As beirarrúas deben de permanecer completamente libres para o paso de peóns. Ningunha persoa, nin ningún carriño debería ter que deixar a beirarrúa para poder circular libremente.

– Cada local deberá pagar os metros de terraza realmente utilizados o prezo estipulado. Non e permisible pagar por un número de metros e coller o dobre.

– O uso da terraza non e unha autorización para permitir a existencia de excesivo ruído na rúa. Cada local deberá ser responsable de que na súa terraza se controla o nivel de ruído. Non podemos esquecer que o ruído da rúa molesta os veciños das vivendas do entorno no seu dereito de descanso.

– Por último os locais deben de ser responsables de que os usuarios das súas terrazas respetan o mobiliario público no entorno da súa terraza.

Fdo.: O Fareiro de Foz

Exit mobile version