Site icon Crónica3.com A Mariña

A ACD Penalba e o colectivo Chilidrin desenvolverán actividades na Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2011

Nota de prensa

A ACD PENALBA E O COLECTIVO CHILINDRÍN informan en relación coas actividades levadas a cabo como consecuencia das Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2011:

I CAMPIONATO VOLEI-PRAIA.

O martes día 19 de xullo tivo lugar na Praia de Celeiro a inauguración do I Campionato de Volei-Praia.

Son 21 parellas participantes que xogarán unha primeira ronda eliminatoria os días 19 e 20 de xullo dende as 16:30 horas e ata as 21:30 horas na Praia de Celeiro. O xoves 21 de xullo serán os cuartos de final e as semifinais, dende as 17:00 horas e ata as 19:30 horas; o terceiro e cuarto posto xogarase o mesmo día 21 ás 20:00 horas. Tamén o día 21 ás 20:30 horas terá lugar a final.

MÚSICA NA RÚA.

Tres grupos do noso contorno amenizarán as noites de Celeiro a semán anterior ás festas:

NO FUIMOS NOSOTROS: Actuou hoxe ás 21:00 horas na Atalaia de Celeiro.
BRÉTEMA: Mañá día 20 de xullo actuará o grupo Brétema no Chao.
FROM LOST TO THE RIVER: Actuará o vindeiro xoves 21 ás 21:00 horas na Praia de Celeiro.

Exit mobile version