Site icon Crónica3.com A Mariña

A ACl Musiqueando, o ximnasio Step e a delegación de Cultura de Ribadeo organizan este un curso de danza

Nota de prensa

RIBADEO ACOLLE ESTE VERÁN UN CURSO DE DANZA PARA NENOS E NENAS CON IDADES COMPREDIDAS ENTRE OS 7 E OS 18 ANOS. A ACTIVIDADE DARÁ COMEZO O VINDEIRO 27 DE XULLO.

Ribadeo, 21 de xullo de 2011. A asociación cultural Musiqueando, o ximnasio Step e máis a delegación de Cultura do Concello de Ribadeo organizan este verán un curso de danza para nenas e nenos de entre 7 e 18 anos. Esta actividade celebrarase nas instalacións do ximnasio Step os luns e os mércores entre os días 27 de xullo e 28 de agosto en horario de 11 a 12 horas (grupo de nenas e nenos de entre 7-11 anos) e de 12.00 a 13.00 horas (nenas e nenos de entre 12 e 18 anos).

A profesora encargada de impartir o curso é María Justo, docente que imparte as materias de ballet e danza na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo (EMMeD). O custe da actividade completa é de 40 euros para aquelas nenas e nenos que teñan matrícula da EMMeD e de 50 euros para o resto. O prazo para apuntarse está aberto ata este venres, 22 de xullo, podendo formalizar a inscrición nas instalacións da EMMeD de Ribadeo (Casa do Mar, baixo, R/Clemente Martínez

Pasarón) en horario de mañá, de 10.00 a 13.00 horas.

Fontes da organización manifestan que “se trata dunha actividade moi interesante e atractiva tanto para o alumnado que xa teña coñecementos de danza como para quen queira achegarse a esta disciplina por vez primeira. Pola grata experiencia que temos do que se ve ao longo do curso nas aulas de danza e ballet da EMMeD de Ribadeo ésta é unha boa oportunidade para gozar dun mes de verán activo e de aprendizaxe ao tempo que se pasa moi ben e que rematará cunha actuación o último día do curso, o 28 de agosto”. Os interesados en obter máis información poden chamar ao teléfono 982.130.856

Exit mobile version