Site icon Crónica3.com A Mariña

A APA do colexio Sagrado Corazón de Ribadeo organiza unha observación astrolóxica par os asociados

Nota de prensa:
Nova actividade da APA do Colegio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo.

Dende a APA do Colegio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo , tal e como se acordara na festa de fin de curso, estase a organizar para os seus asociados, unha visita á Casa da Ría (área recreativa de Santa Cruz – Ribadeo) co fin facer unha observación astrolóxica.
Terá lugar o venres día 29 de xullo e o programa da actividade será o seguinte:
– En primeiro lugar e para ir entrando en materia, vaise celebrar unha cea. Será a partir dás 21.00 h. no mesón o Gaiteiro, sito na mesma área recreativa. O menú consistirá en entrantes (polbo, calamares, xamón …), churrasco con patacas fritas e ensalada, postre …. O prezo por persoa será de 11,00 € (Igual nenos que adultos).
– 23.00 h. Comezo da sesión, cun vídeo sobre astroloxía na sala de charlas da casa da ría. Posteriormente na terraza do mesmo edificio, explicación sobre o posicionamento das estrelas e finalmente visión a través do telescopio dos astros e estrelas máis significativos.
Esta xornada será impartida por D. Antonio Gregorio, profesor de FP e máis coñecido por “O Físico” e está organizada tanto para nenos como pais, tentando de facer outra xornada máis de convivencia.
Para apuntarse ou recibir máis información, podese chamar a Antonio – 636 010 770, Jose – 649 57 13 60 ou calquer outro membro da directiva da APA, sendo imprescindible abona-lo importe da cea no intre de apuntarse.
O prazo remata o día 26 de xullo.
En caso de haber moita demanda, poderase restrinxir a actividade por orde de inscripción, ainda que se procurará que todo-los interesados poidan asistir.
Este será un bo momento para que os nenos e os pais descruban un mundo cada vez máis cercano.

Exit mobile version