Site icon Crónica3.com A Mariña

A aula da Rede CeMIT de Burela comeza un curso se alfabetización dixital

Nota de prensa

Page 1
A AULA CEMIT DO CONCELLO DE BURELA COMEZARÁ UN NOVO CURSO DE
ALFABETIZACIÓN DIXITAL NA SEMANA DO 18 AO 24 XULLO
Burela, 15 de xullo de 2011. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión
Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Burela comezará 1 curso na
vindeira semana.
O 18 de xullo comezará o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet”, co
que se pretende dotar, aos asistentes, das destrezas necesarias para navegar
pola Internet a través do navegador libre Mozilla Firefox. Dito curso rematará o
vindeiro 28 de xullo. O horario será de 12.30 a 13:30 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para
promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo
potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica,
empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores
dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar
parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden
dirixirse ao Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da
páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo:
cemit.burela@xunta.e

Exit mobile version