Site icon Crónica3.com A Mariña

A avaría detectada no emisario submarino de Burela quedou solventada esta fin de semana

Nota de prensa

A AVARÍA DETECTADA A FINAIS DE XUÑO NO EMISARIO SUBMARINO QUEDOU SOLVENTADA A PASADA FIN DE SEMANA, SEGUNDO ANUNCIABA ESTE MEDIODÍA O ALCALDE, JOSÉ Mª GONZÁLEZ BARCIA.
Burela, 19 de xullo de 2011. A avaría detectada no emisario submarino de Burela quedou solventada esta fin de semana, segundo anunciaba este mediodía o alcalde, José Mª González Barcia. Parte de dito emisario está soterrado na area no seu tramo final. O equipo de goberno estudiará as posibles actuacións a levar adiante a medio ou largo prazo despois de solventar os problemas xurdidos nas últimas semanas.
O rexedor sinalou que “o pasado sábado conseguimos solucionar a avaría que estaba a sufrir o emisario submarino, un problema que se detectou o 27 de xuño e que consistía en que se tiñan soltado a totalidade dos tornillos dunha brida que estaba situada a uns 15 metros lineais do espigón do muelle”.
González Barcia dixo que “nun primeiro momento se entendeu que esa era a única avaría existente e se procedeu a atornillar a brida e a deixala en condicións. Esto non se puido facer dun día para outro debido a que o estado da mar así o impediu. Cando se solucionou ese problema nos xurde outro de maneira automática e é que cando se arranca a EDAR vemos que entra en carga e non é capaz de bombear hacia o emisario”. O alcalde de Burela explicou este mediodía que “a conclusión que se saca é evidente, é moi probable que se estea a producir unha obstrucción do emisario durante o seu percorrido de 500 metros lineais desde o espigón do muelle. E se realizan dúas inmersións máis por parte dos buzos e se detecta que o emisario está no seu último tramo prácticamente enterrado na area”.
Detectado o problema “se opta por unha decisión intermedia, a 150 ou 160 metros lineais desde a escollera do muelle aproveitando que o emisario fai un codo cun ángulo de 18 graos paralelo ao espigón do muelle procedéuse a afrouxar unha brida, a facer un corte, para que a EDAR poida funcionar. Para todo elo contamos coa colaboración imprescindible da empresa concesionaria Espina y Delfín”, seguiu a relatar José Mª González Barcia. O alcalde burelés subliñou que “agora mesmo a EDAR está a funcionar con normalidade e posteriormente teremos que ver qué se fai con esa fase final do emisario, ver si o deixamos así ou si optamos por dragar ao final para rescatalo na súa totalidade e poder aproveitalo de forma e maneira que o tubo sexa utilizado en todo o seu percorrido e quede completamente libre de area”. E recalcou que “a avaría está solucionada e esta situación que eu plantexo se pode facer a medio ou largo prazo porque agora todo apunta a que o problema está completamente resolto”.

Exit mobile version