Site icon Crónica3.com A Mariña

A cabina en Foz

A CABINA EN FOZ
Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen. A cabina e unha película española do ano 1972, dirixida por Antonio Mercero e protagonizada por José Luis López Vázquez.

Narra a historia dun cidadán común que queda atrapado na cabina e que non pode ser liberado pese o esforzo dos transeúntes que por alí pasan.

O final os operarios que instalaron a cabina retírana e lévana a un lugar descoñecido ante a desesperación do protagonista.

Pois ben. Xa fai mais dun mes que na Avenida da Mariña de Foz, nunha zona de máxima afluencia de circulación de peóns, atopase unha cabina destartalada que e unha ameaza para os peóns que por alí pasan e que parece que dun momento a outro vaise vir a baixo.

A presenza que ofrece e penosa e ningún ben lle fai a imaxe que o que a ve poda levar do noso pobo.

Como Xa leva tanto tempo nesta situación eu non sei ben a que pode ser debido e ocórrenseme varias posibilidades:

Que telefónica engreida por os enormes beneficios obtidos nos últimos anos, e só pendente do famoso ERE no cal pensa reducir a seu número de persoal en milleiros de persoas, non teña tempo, nin recursos, nin ganas de gastar nada na mais mínima labor de mantemento das súas instalacións.
Que o Concello de Foz non notificase a telefónica a situación de risco na que se encontra a cabina nin lle importe o mais mínimo a imaxe que se dea de Foz, e telefónica non teña tempo de revisar as súas instalacións.
Ningún dos supostos anteriores me gusta. Eu quero pensar que a presenza da cabina nese estado na Avenida da Mariña de Foz debese a que se vai rodar unha moderna segunda parte da famosa película, e que de un momento a outro veremos aparecer por Foz o famoso Almodovar rodeado de actores e actrices de primeiro nivel . Isto vai supoñer un enorme espaldarazo a promoción do noso pobo a nivel nacional e internacional.

En todo caso eu atrévome a darlle un consello o alcalde de Foz, por si o da película non vai pa diante. Diríxete a telefónica, transmítelle a situación da cabina e pídelle que o solucione a maior brevidade posible. Si pasado un tempo prudencial non o arranxan, arranca e saca de aí, e dille a telefónica que a retiraron os operarios que aparecen na película de 1972. Non sei si telefónica cho agradecera, pero o menos os veciños sí.

Fdo.: O Fareiro de Foz

Exit mobile version