Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión en Defensa da Sanidade de Foz pide que o pleno reclame un servizo de urxencias

Nota de prensa

Atilano Fernández Fernández, en representación da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública, co debido ríspeto

EXPON:

Dende o ano 1991 Foz esta a reclamar un Servizo de Urxencias Médicas 24 horas. Primeiramente foi a través de unha comisión formada por representantes de partidos políticos e asociación de todo tipo, que reclamou que no mapa sanitario galego que se estaba a deseñar Foz contase con un PAC.

No 2002, esta comisión deixa paso a actual Comisión Focega en defensa da Sanidade Pública que se pon o fronte deste movemento cidadá.

Nestes anos a Comisión Focega en defensa da Sanidade Pública, está a reclamar un servizo de urxencias médicas 24 horas todos os días do ano no Centro de Saúde de Foz.

Esta Comisión Focega en defensa da Sanidade Pública conta nesta reivindicación co apoio da case totalidade de asociacións e colectivos de Foz, así como da inmensa maioría dos veciños. Este apoio foi recollido a través da sinatura nun documento.

Nestes anos foron moitos os actos, manifestacións e comunicados que levamos a cabo, de forma pacifica, aínda que tenaz e constante.

Tamén temos que dicir que foron moitas as promesas que recibimos nestes anos por parte de políticos dos diferentes partidos. Tantas como desilusións, posto que as distintas promesas non pasaron de iso, de promesas.

Hoxe aquí poderiamos presentar un montón de escritos, documentos e recortes cos nosos actos, manifestacións, comunicados, promesas incumpridas, etc. Pero non o consideramos necesario, pois iso pódese consultar en calquera hemeroteca.

Nos o que queremos presentar hoxe son datos. Datos dos que dispón a propia Consellería de Sanidade, e que pode contrastar. Datos que consideramos que avalan convintemente as nosas xustas reclamacións.

Os datos son os seguintes:

– Foz e o único concello de Galicia de mais de 10.000 habitantes que non ten servizo de urxencias 24 horas.

– Foz e un Concello turístico, e no cal moita xente ten a súa segunda vivenda, o que fai que en algunhas épocas ve aumentada considerablemente a súa poboación (Nadal, Semana Santa, Verao). Na época estival pode alcanzar os 25.000 habitantes.

– Foz está adscrito o PAC de Burela. O PAC que mais persoas cubre de todo Galicia, e que está moi masificado.

– Os demais concellos adscritos o PAC de Burela tamén ven aumentada a súa poboación de forma estacional o que supón un problema añadido.

– O tempo de espera para ser atendido no PAC de Burela supera con moito o dos outros PAC da Mariña (Ribadeo, Mondoñedo, Viveiro). Esta espera pode chegar a ser de varias horas.

Estes son os argumentos que queremos presentar para avalar as nosas xustas reclamacións. E tendo en conta estes datos

SOLICITO:

– Que o Concello Pleno tome o acordo de apoiar a reclamación de un Servizo de Urxencias Médicas 24 horas no Centro de Saúde de Foz.

– Que se dia traslado de este acordo plenario o Presidente da Xunta e a Conselleira de Sanidade solicitándolles que se implante o servizo de urxencias médicas 24 horas no Centro de Saúde de Foz a maior brevidade posible.

– Que na Comisión de Sanidade creada no pleno de organización e funcionamento da semana pasada, se faga un seguimento deste tema.

Por último dicirlle que A Comisión continuará a defender os intereses dos veciños de Foz de forma pacifica, aínda que tenaz e incansablemente o tempo que sexa necesario. Continuaremos a traballar sen desmaio ata acadar as urxencias médicas 24 horas no Centro de Saúde de Foz.

Exit mobile version