Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellalía de Obras de Burela retirou da rúa un silo que desde o ano 2007 dificultaba o transito

A Concellalía de Obras de Burela retirou da rúa un silo que desde o ano 2007 dificultaba o transito

Nota de prensa

A CONCELLALÍA DE OBRAS DESENVOLVE UN PROGRAMA DE ANÁLISE E MELLORA DO ENTORNO DO CONCELLO. MANUEL FERNÁNDEZ VALLE COMENTOU QUE XA FOI RETIRADO DA RÚA PARDO BAZÁN UN SILO QUE LEVABA DESDE O 2007 SITUADO NESE PUNTO OCASIONANDO DIFICULTADES A PEÓNS E CONDUCTORES.

Burela, 29 de xullo de 2011. A Concellalía de Obras en colaboración coa de Medio Ambiente están a desenvolver un programa de análise e mellora do entorno do concello. Manuel Fernández Valle anunciaba esta mañá que onte foi retirado da rúa Pardo Bazán un silo que levaba desde o 2007 situado nese punto ocasionando dificultades a peóns e conductores. O Concello examina tamén o tráfico no entorno das prazas da vila e o estado dos solares.

O responsable de Obras e primeiro tenente de alcalde, Manuel Fernández Valle, explicou que “onte mesmo remataron as xestións realizadas para proceder á retirada dun silo de de grandes dimensións, que se atopaba situado desde o ano 2007 nunha obra da rúa Pardo Bazán”. O concelleiro popular sinalou que “estaba a impedir o paso pola acera e supoñía un grande risco tanto para os conductores como para os peóns, ademáis de distorsionar a armonía nesa zona”. E lembrou que “este silo levaba anos sin ser utilizado e sin que ninguén fixera nada ao respecto. Finalmente onte foi retirado dese lugar”.

O Concellalía que dirixe Fernández Valle tamén está a levar a cabo accións para impedir o tráfico de vehículos nas prazas de Burela, “co fin de mellorar a seguridade dos veciños á hora de disfrutar delas”. O Concello está a realizar xestións cos propietarios de solares “para que os adecenten e procedan á mellora dos mesmos. O que queremos é ofrecer a mellor imaxe de Burela tanto aos nosos veciños como aquelas persoas que nos visitan nesta época do ano”.

Exit mobile version