Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Cultura de Barreiros anima a asistir ás festas de Santa Ana na Insua

Nota de prensa
ADELA RODRÍGUEZ CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A ACUDIR ÁS FESTAS NA HONDA DE SANTA ANA QUE SE CELEBRAN O DOMINGO E O LUNS NA INSUA.

Barreiros, 29 de xullo de 2011. A concelleira de Cultura, Adela Rodríguez, convida a veciños e visitantes a acudir estes días ás festas na honra de Santa Ana que se celebran na Insua. Son os días 31 de xullo e 1 de agosto.

A edil popular manifestou que “temos un lugar cun entorno incomparable e unha capela, que é A Insua, a onde invito a ir o domingo, 31, cando se celebra a festa de Santa Ana. Á unha da tarde hai a misa e a partires das dez e media da noite verbena coa orquesta Orión, da Coruña”.

Adela Rodríguez seguiu a relatar que “o luns, dia 1 de agosto, hai tamen misa á unha da tarde e sesion vermú coa orquesta Los Embajadores, da Coruña. Desde as cinco ás seis e media da tarde haberá unha grabacion para o programa A Solaina, daTelevisión de Galicia, no que participará xente de aquí con temas de aquí”. Por eso motivo a concelleira de Cultura anima aos barreirenses a acudir a presenciar esa actuación en directo que emitirá a TVG o vindeiro luns pola tarde.

Rodríguez lembrou que “segundo comentan os veciños de A Insua, hai mais de 500 anos que se celebra esta festa na que tradicionalmente habia moita afluencia de xente con comidas e merendas, que agora se queren recuperar. Hai un campo con mesas e árbores para pasar alí o día de xeito moi agradable”.

Exit mobile version