Site icon Crónica3.com A Mariña

A concelleira de Medio Rural de Lourenzá recorda a importancia da prevención dos incendios forestais

Nota de prensa

RECORDATORIO IMPORTANTE

PREVENCIÓN E DEFENSA DE INCENDIOS FORESTAIS

A Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais dispón que a responsabilidade de manter as parcelas privadas entorno a núcleos habitados, en condicións tales que non favorezan a propagación de incendios e en consecuencia que faciliten a defensa das vivendas no caso de incendios, é dos propietarios.

Estas tarefas deberían estar feitas antes do 31 de marzo (art. 22.1), pero a consecuencia de distintas denuncias recibidas no concello vémonos da obriga de recordárllelo xa que nos atopamos en época de alto risco de incendios publicada no DOG do 27 de maio e que abrangue dende o 1 de xullo ata 30 de setembro.

Según a citada lei os propietarios particulares deberán de manter unha franxa de 100 metros libre de vexetación seca ao redor do perímetro de calquera núcleo poboacional, edificación, urbanización, depósito de lixo, instalacións recreativas, obras, parques e instalacións industriais que esteñan situadas a menos de 400 metros do monte. Nesta mesma franxa non poderá existir masa arbórea a menos de 50 metros do perímetro do núcleo. No caso de ser vivendas aisladas construídas fora de núcleo rural a distancia de seguridade mídese dende o límite da propiedade.

Para facilitarlles estas tarefas, teñen a súa disposición nas oficinas municipais os planos dos distintos núcleos rurais do Concello a fin de que identifiquen ata onde chegan estas obrigas.

No caso do incumprimento pode o concello facer de forma subsidiaria estas tarefas repercutindo os l

Exit mobile version