Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Cultura de Barreiros organiza un curso de danza moderna e hip-hop

Nota de prensa

A CONCELLERÍA DE CULTURA ORGANIZA UN CURSO DE DANZA MODERNA E HIP-HOP QUE SE DESENVOLVERÁ DO 11 AO 22 DE XULLO.

Barreiros, 4 de xullo de 2011. A Concellería de Cultura organiza un curso de danza moderna e hip-hop que se desenvolverá no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro do 11 ao 22 de xullo.

Segundo explica a concelleira Adela Rodríguez, “está destinado a nenos e nenas, mozos e adultos. Esta actividade xa a tivemos outros anos e tivo moi boa acollida”.

Terá lugar de luns a venres en horario de 10:30 a 12:00 para os rapaces maiores de 11 anos e de 12:00 a 13:30 para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 10 anos. O Concello oferta 20 prazas para este curso e subliña que as inscricións poden realizarse na Oficina de Información Xuvenil.

Informática para todos

O departamento que dirixe Adela Rodríguez tamén programou para este verán cursos gratuitos de informática para nenos, xóvenes e adultos. Serán do 26 de xullo ao 5 de agosto.

No caso do curso dixirido aos adultos e xóvenes a partires de 12 anos abordaránse cuestións coma fotografía dixital, retoque fotográfico, power point, correo electrónico, buscadores, tramitación de documentos, redes sociais… Os alumnos recibirán as clases de luns a venres de 10 a 11:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. E os nenos de sete a once anos recibirán formación sobre procesador de textos, fotografía dixital, xogos educativos en internet e correo electrónico. O curso para esta franxa de idade será tamén de luns a venres de 11:30 a 13 horas. Os interesados en participar poden anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil.

Exit mobile version