Site icon Crónica3.com A Mariña

A hostalería de Foz tramitarán a través da ACIA os metros cadrados que necesitan ocupar de beirarrúa

Nota de prensa

OS LOCAIS DE HOSTELERÍA DE ACIA FOZ NOTIFICARÁNLLE Á ASOCIACIÓN A SUPERFICIE DE BEIRARRÚA E DE VÍA PÚBLICA QUE PRECISAN PARA AS SÚAS TERRAZAS, SEGUNDO ACORDABAN NO ENCONTRO CELEBRADO ESTA TARDE.

Foz, 19 de xullo de 2011. Os locais de hostelería de ACIA Foz notificaránlle á asociación os metros cadrados de beirarrúa e de vía pública que ocuparán coas súas terrazas, segundo se acordaba no encontro celebrado esta mesma tarde e ao que acudiron varios membros da directiva ademáis do presidente, José Carlos Paleo.
“Despois de coñecer as intencións de cada hosteleiro será a Asociación de Comerciantes a que lle transmitirá á Alcaldía as necesidades de superficie de beirarrúa e de vía pública que cada local estima oportunas, todo co obxectivo de unificar criterios para a instalación de cinceiros, mesas, sillas, tarimas, sombrillas, colores, cortaventos, acristalamentos, período de instalación das terrazas, etc”, relatou José Carlos Paleo.
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos sinalou que “o que imos é tentar ofrecer o mellor servizo á cidadanía e a mellor imaxe posible dos nosos establecementos e da nosa vila, dado que somos un concello turístico”.

Exit mobile version