Site icon Crónica3.com A Mariña

A segunda etapa da regata Transgascogne 2011 abandona Ribadeo rumbo a Port Bourgenay

<img alt=”” src=”https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2008/10/pixel.jpg” class=”alignleft” width=”1″ height=”1″ />
Nota de prensa

MARIO COTO CONVIDA A VECIÑOS E VISITANTES A PRESENCIAR MAÑÁ A SAÍDA DA SEGUNDA ETAPA DA REGATA TRANSGASCOGNE 2011.

Ribadeo, 29 de xullo de 2011. O presidente do Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, convida a veciños e visitantes a presenciar a saída da segunda etapa da regata Transgascogne que terá lugar mañá sábado ás 12 do mediodía desde o porto deportivo.

Coto explicou que “mañá ás doce do mediodía sae a regata cara Francia. É un acontecemento moi bonito de ver, moi vistoso, por iso animo aos ribadenses a que baixen ao porto e que suban a algunha das embarcacións que alí haberá para acompañar aos participantes na regata ata máis alá da Punta da Cruz, como se denomina á entrada da bocana da ría”.

O presidente do CNR dixo sentirse “cheo de orgullo porque está saindo todo moi ben. Incluso fixemos algunha cousa mais das que tiñamos previstas. Hoxe están facendo unha ruta polaa zona dos Oscos e Taramundi. A expedición saiu de Ribadeo esta mañá e non volverán ata pola tarde. A xornada inclúe unha comida e recepcións aos participantes por parte dos alcaldes en varios municipios asturianos”. E engadiu que “fixemos moitas cousas, onte procedemos á entrega dos premios aos gañadores da primeira etapa e houbo unha grande festa no peirao”.

Hoxe pola tarde a partires das 20:30 horas haberá un lunch de despedida, ofrecido polo Club Náutico de Ribadeo aos participantes na Transgascogne e despois terá lugar unha cea oficial das institucións francesas e españolas. Xa mañá ás 12:00 terá lugar a saída da segunda etapa da regata entre Ribadeo e Port Bourgenay.

Mario Coto subliñou que “o porto de Ribadeo ten que ter colorido e estar máis vivo para que entre todos logremos que cada vez teña máis atractivo turístico”.

Exit mobile version