Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcalde e oposición de Burela léanse coas contas intentando xustificar quen deixou máis nos intercambios de poder

Nota de prensa:

GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE CANDO O BIPARTITO CHEGOU AO CONCELLO NO 2007 ATOPÓUSE CUN REMANENTE LÍQUIDO DE TESOURERÍA DUN MILLÓN DE EUROS, MENTRAS QUE AO O PP NA ACTUALIDADE SÓ LLE QUEDARON 160.000 EUROS. O ALCALDE CONSIDERA QUE NON HOUBO TALENTO NO ANTERIOR EQUIPO DE GOBERNO.

Burela, 22 de xullo de 2011. O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, pídelle ao seu antecesor que sexa humilde e honrado nas súas declaracións e que non descalifique persoalmente a niguén. O rexedor asegura que cando o bipartito chegou ao Concello no 2007 atopóuse cun remanente líquido de tesourería dun millón de euros, mentras que ao PP na actualidade só lle quedaron 160.000 euros.

O rexedor pídelle a Alfredo Llano que “sexa un poquiño honrado e que recoñeza o que fixeron durante estes catro últimos anos. O certo é que hai unha diferencia enorme entre o que está presupostado como ingreso e o que realmente se vai ingresar. No capítulo do IBI hai presupostados casi 300.000 euros máis do que realmente se vai recadar. E o IBI é un padrón pechado e a principios de ano sábese con exactitude cánto se vai recadar, polo que non é lóxico presupostar máis do que se sabe que se vai conseguir”.

González Barcia segue a pedir explicacións “do desfase enorme do presupostado para alumeado público e o que realmente se vai gastar. Sígolle a pedir explicacións de porqué a factura do teléfono se incrementou en 500 euros máis ao mes e porqué se gastou sen ningún tipo de control”. O alcalde de Burela sinalou que “o único que fixo o anterior rexedor foi criticarme, pero eu só lle pido explicacións. Cando digo que aproveitaron os cartos do Concello para beneficio propio ratifícome porque empregaron o diñeiro público para beneficio propio e para sacar rentabilidade política. Pídolle que sexa humilde e o honrado, que non descalifique a ninguén persoalmente, porque se empeza así demostra que o talante dos últimos catro anos era ficticio e, eso sí, non había talento. Podía haber talante, que era ficticio, pero o que non había era talento, porque o talento en materia de goberno municipal amósase, entre outras cousas, controlando o gasto”.

O rexedor burelés engadiu que “eles, o bipartito, arrincaron o seu mandato cun remanente líquido de tesourería no 2007, que foi o último presuposto que fixemos nós, de algo máis dun millón de euros. E a nós quédannos 160.000 euros”. E dille a Alfredo Llano que “él que siga así, a este ritmo non vai aguantar moito na Corporación, si se sigue desgastando non vai aguantar moito aí. Da a impresión de que ten medo a que a xente saiba cómo están as cousas no Concello e nós si hai algo máis ímolo contar”.

O equipo de goberno “xa se está a buscar a vida buscando e a dos cidadáns para non mermar os servizos que se prestan desde o Concello despois do despilfarro feito nos últimos catro anos. Eles terán que explicar algún pago en materia de autobuses ou facturas que aparecen infladas e que non se corresponden co servizo realizado. Como anterior alcalde debería explicar o que nós estamos a denunciar, nós simplemente estamos a expoñer algo que os cidadáns deste concello deben saber. Da a impresión que non lles gusta que a xente saiba estas cousas”, seguiu a relatar José Mª González Barcia.

Exit mobile version