Site icon Crónica3.com A Mariña

Alcoa conta co apoio da Xunta para substituír fuel por gas e reducir en 20 mil toneladas a emisión anual de CO2

Nota de prensa

O APOIO DA XUNTA AO PROXECTO GASISTA DE ALCOA LOGRA DESBLOQUEAR A CONSTRUCIÓN DO GASODUTO DA MARIÑA

-O conselleiro de Economía e Industria lembra que ?a Xunta considera a construción de gasodutos primarios unha cuestión prioritaria para Galicia?

-Javier Guerra apunta que, ?se a tramitación administrativa non sofre máis atrasos, por parte do Goberno central, a construción do Gasoduto da Mariña podería comezar en aproximadamente nun ano?

-O gasoduto da Mariña podería permitir atender á demanda potencial de máis de 18.000 persoas

-Guerra salienta que o proxecto financiado polo Goberno galego permitirá substituír o fuel-oil por gas natural en Alcoa, cunha redución de 20.000 toneladas anuais de emisións de CO2

-Segundo Guerra, ?apoiando a Alcoa apoiamos a unha compañía que emprega directamente a máis de 1.300 traballadores?

Lugo, 12 de xullo de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, inaugurou hoxe a nova planta de almacenamento de gas natural instalada no complexo industrial de Alcoa en San Cibrao, un proxecto que, co apoio do Goberno galego, supuxo a mobilización de 2,6 millóns de euros, e co que a Xunta ten logrado desbloquear a construción do gasoduto da Mariña Lucense.

Na inauguración, Javier Guerra lembrou que ?a Xunta considera a construción de gasodutos primarios unha cuestión prioritaria para Galicia? e salientou que ?o apoio da Xunta á posta en marcha do proxecto gasista en Alcoa foi determinante para lograr o inicio da tramitación do Gasoduto da Mariña?, que onte publicábase no BOE polo Ministerio de Política Territorial e Administración Pública.

Neste sentido, Guerra apuntou que ?isto significa que, se a tramitación administrativa non sofre máis atrasos por parte do Goberno central, a construción do Gasoduto da Mariña podería comezar en aproximadamente nun ano? e engadiu que esta infraestrutura podería permitir atender á demanda potencial de máis de 18.000 persoas.

O proxecto, financiado pola Xunta, permitirá substituír o fuel-oil por gas natural, na planta de Alúmina do complexo de Alcoa, que inclúe unha fábrica de aluminio primario e instalacións de servizos comúns, entre as que destaca o porto, e produce 1,5 millóns de toneladas de alúmina e 250.000 toneladas de aluminio, ao ano.

Deste xeito, a Consellería de Economía e Industria, ademais de incentivar a construción do gasoduto primario da Mariña e apoiar a unha empresa que emprega a máis de 1.300 traballadores, apoia a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro e de anhídrido sulfuroso.

Coas novas instalacións para almacenamento de gas natural e a reconversión da tecnoloxía de subministración da planta de fuel-oil a gas natural, a empresa acada unha capacidade de 600 m3 de gas natural licuado, cunha redución de 20.000 toneladas anuais de emisións de CO2.

Javier Guerra, concluíu que ?a Xunta é ambiciosa no ámbito gasista, porque así nolo esixe a actual conxuntura e as perspectivas de desenvolvemento social e económico para a nosa Comunidade, xa que actualmente, ningunha empresa competitiva, con necesidade de calor nos seus ciclos produtivos, pode prescindir do gas, como principal fonte enerxética?.

Exit mobile version