Site icon Crónica3.com A Mariña

Altísima participación no IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela

Nota de prensa

Os organizadores do IV Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, que daba comezo o pasado domingo con un concerto de presentación, móstranse enormente satisfeitos, tanto polo alto número de alumnos e alumnas matriculadas, como pola altísima asistencia de público aos concertos e jam sessions que teñen lugar todas as noites. Son 60 os rapaces e rapazas inscritos neste IV Seminario que asisten durante toda a semana para achegarse a novos estilos musicais que van desde o jazz ao rock pasando polo blues, o latin ou a bossa nova. Polas mañas teñen clases de instrumento, harmonía e improvisación, tendo tamén a posibilidade de tocar nunha big band. Polas tardes poden disfrutar de aspectos de tipo práctico, pois os alumnos están distribuidos en cinco combos atendendo o seu nivel, polo que poden traballar e aprender segundo as súas idades e posibilidades.

Por outro lado, cabe destacar o alto grao de implicación por parte do profesorado, que ademais das clases que imparten e das agrupacións que dirixen, participan moi activamente nos concertos e jam sessions nocturnos. Todos eles encárganse das distintas especialidades instrumentais: Leo Giannetto das voces e guitarras, José Nine dos instrumentos de vento madeira, Roberto Pacheco está ao cargo do vento metal, Javier Constenla imparte clases de piano, Miguel Cabana é o encargado da percusión e Quique Alvarado imparte baixo eléctrico. Este ano, ademais puidemos contar con un convidado especial que participou de xeito desinteresado, pois atopábase de vacacións na veciña vila de San Cibrao. Esté é o trompetista Rubén Salvador, co que puidemos disfrutar no concerto de profes do pasado luns.

Desde a organización convidan a toda a xente amante da música a que se achegue aos concertos nocturnos que haberá no que resta de semana. Hoxe serán os propios alumnos e alumnas no seminario os encargados de dar un concerto no Café Atrezzo ás 22:00 horas. Mañá xoves, á mesma hora e lugar, terá lugar un interesante concerto, neste caso a cargo da banda de blues compostelá Bakin’ Blues Band, formación liderada polo guitarrista David Vázquez “Tato”, quen ademais dará unha master class de guitarra durante a tarde aos alumnos do seminario. O venres porase fin a este IV Seminario de Jazz e Música Moderna con un concerto de alumnos e profesores, que neste caso terá lugar ás 20:00 horas no auditorio da casa de cultura de Burela.

Exit mobile version