Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o alcalde de Burela que o buque-escola Saltillo demora a arribada ao porto da vila ao sábado

Nota de prensa

O BUQUE-ESCUELA SALTILLO CHEGARÁ FINALMENTE AO PORTO DE BURELA O VINDEIRO SÁBADO A PARTIRES DAS CATRO DA TARDE.

Burela, 20 de xullo de 2011. O buque-escuela Saltillo chegará finalmente ao porto de Burela o vindeiro sábado 23 de xullo a partires das 16 horas, despois todos os que o desexen poderán visitar esta embarcación. Xa para as 21 horas está prevista unha recepción no Concello, segundo acaba de confirmar o alcalde, José Mª González Barcia.

O Saltillo partía a pasada semana o porto vasco de Hondarribia rumbo á Coruña co obxectivo de poñer en valor e difundir os Camiños do Norte de peregrinación a Compostela. Trátase dunha iniciativa que está impulsada polas comunidades autónomas de Euskadi, Cantabria, Asturias, País Vasco e Galicia.

O buque-escuela permañececerá no porto de Burela ata o 26 de xullo. A chegada á costa de Lugo do Saltillo estáse a retrasar por culpa do mal tempo que houbo no mar nos últimos días.

Exit mobile version