Site icon Crónica3.com A Mariña

Aplazan a “XL Sardiñada Popular” do día 17 en Foz pola imposibilidade de conseguir sardiña

Nota de prensa

15/07/2011. O Alcalde de Foz Javier Jorge Castiñeira informa do aprazamento da sardiña prevista para o Domingo día 17 para as 20.30 hrs no paseo da Riveira debido á imposibilidade de conseguir sardiña pola falta de capturas nesta semana.

A comisión de festas tivo que aprazar a XL Sardiñada Popular que se ía celebrar o domingo 17 para o seguinte domingo día 24 de Xullo á mesma hora, e dicir ás 20.30, posto que se estivo esperando ata a entrada dos barcos a primeiras horas da mañá do día de hoxe e volveron novamente sen capturas de sardiña do mesmo xeito que ocurriu durante toda a semana.

Os responsables da comisión de Festas do Carme 2011 senten que a sardiñada non poda realizarse o mesmo fin de semana das festas, pero a imposibilidade de conseguir a sardiña obriga ao aprazamento, non obstante invitamos a todas as persoas que o desexen, a degustalas e participar o seguinte domingo día 24, sempre e cando axa capturas.

Felicitacións tamén dende os membros da comisión polo acto de inicio das festas coa lectura do Pregón por Parte de Dña Raquel Arias, Delegada Territorial da Xunta de Galicia, que foi presentada polo Alcalde de Foz Javier Jorge Castiñeira, onde se recordou e felicitou a toda a familia mariñeira focense, á parroquia e a todas as persoas que colaboran na elaboración das alfombras frorais, ademáis de todos os grupos e asociacións que participan desinteresadamente na celebración destas festas.

Moitas felicitacións tamén para todos os focenses que esta fin de semana celebran as festas da súa patroa a Virxe do Carme.

Reciban un cordial saúdo de Javier Jorge Castiñeira, Alcalde de Foz.

Exit mobile version