Site icon Crónica3.com A Mariña

Aprender a decir non

APRENDENDO A DECIR NON
Tiña pendente este articulito domingueiro dende fai tanto tempo¡ A cousa xurdeu, como casi sempre de unha conversa, donde saquei a conclusión de que un dos problemas que levo arrastrando dende fai 60 anos, menos un e o don da asertividad pero cunha carencia: non saber dicir que NON. É algo que teño asumido? ¡pero que quero cambiar! Hai días nos que é desesperante mirar o rededor. Moitas peticións de axuda, que estarías encantado de resolver, pero que requiren o seu tempo, un ben que escasea precisamente polo círculo vicioso no que me vexo inmerso. É certo que nos últimos anos fun mellorando e algunhas veces, medio de broma, ás veces medio en serio, matinei que tiña que facer un taller terapéutico en RegalXunqueira sobre isto “Aprendendo a decir non”a o que teria que acudir o 99% dos políticos da bisbarra, e si me apuran da provincia.

Puidese parecer que dicir que si a todo e a todos é positivo porque estamos contentando ás persoas coas que nos relacionamos. Pero igual obtemos o efecto contrario: frustración por acabar facendo algo que realmente non queriamos facer; non chegar a todo o comprometido, sumando xa que logo máis frustración e ofrecendo unha pésima imaxe .

As razóns desa parálise á hora de dicir que NON poden ser varias e hainas de todas as cores:

A culpabilidade, ese sentimento traizoeiro que che golpea onde máis doe: a conciencia. Simplemente queres axudar, pero non consideras que igual che estás facendo a ti un fraco favor. E isto acentúase aínda máis,por esa herdanza cultural de debernos aos demáis.
A incerteza de que se non aceptamos algo, non se nos presentarán futuras opcións (xa non nos volverán a chamar ou ofrecer algo).
Querer agradar e o medo a parecer un borde. Moitas veces comentei aquí que a nosa sociedade está infestada dun “borollismo” que en ocasións é ata afogante. Dámonos xabón ata límites insospeitados. Ninguén quere asumir o rol do “vinagre”. E máis cando as palabras quedan frías e as susceptibilidades están a flor de pel.
Que todo nos pareza atractivo. Entón temos un grave problema de xestión de prioridades e unha limitación inherente ao ser humano: os nosos días, como os dos demais, teñen 24 horas (nin un minuto máis, nin un minuto menos).

Se vos sentides identificados con algún dos puntos anteriormente expostos, vós tamén sodes da “Cofradía do SI”. Así que fagamos xuntos a terapia. Repetide comigo:
Gustaríame poder axudarche, pero resúltame imposible.
Non son a persoa máis apropiada para isto. Se queres, pódoche dar o nome de….

Agora mesmo non conto co tempo suficiente para levar a cabo iso e a min gústame comprometerme ao 100%?.
E sen dúbida, a miña favorita, “Encantaríame, pero non me apetece”.

Tras reler esto unhas cantas veces, deime conta que usei unha chea de veces a palabra NON. Será que xa estou aprendendo?.

Otero Regal

Exit mobile version