Site icon Crónica3.com A Mariña

Arrinca en Cervo o programa “enredos de verán”

Nota de prensa:
O LUNS ARRINCA O PROGRAMA “ENREDOS DE VERÁN”

Esta oferta lúdico-educativa deseñada polas concellerías de Educación, Cultura e Xuventude abrangue obradoiros e actividades para nenos e nenas de 4 a 12 anos

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

As actividades desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto

Cervo, 1 de xullo de 2011.- Onte tivo lugar no auditorio municipal da Casa da Cultura a presentación oficial á cidadanía da programación de actividades educativas e de lecer denominadas “Enredos de Verán” organizadas polo Concello de Cervo a través das súas concellerías de Educación, Cultura e Xuventude e que se van desenvolver ao longo de todo o verán.

Á xuntanza asistiron o alcalde, Alfonso Villares, e as concelleiras Yolanda Pedreira (Educación) e Begoña Alonso (Medio Ambiente), ademáis de Lucía Lage, coordinadora das actividades e representante da empresa IG-10, encargada de desenvolver as actividades. Nela deron a coñecer aos titores dos nenos e nenas os pormenores da oferta lúdico-educativa elaborada expresamente para eles e que se levará a cabo nestes dous meses no municipio.

Ata o momento hai 67 inscritos. As actividades son de carácter gratuíto e desenvolveranse de luns a venres en horario de mañá (de 11.00 a 13.00 horas). Van dirixidas a nenos e nenas nacidos entre os anos 1998 e 2007 que estean a pasar o verán no concello. Entre a programación deseñada figuran actividades coma xogos inchables, obradoiros de pintura, xogos tradicionais e na praia, sendeirismo, xincanas, castelos de area, multideporte, manualidades, festa do entroido, etc…

Para participar nelas é necesario cubrir unha ficha de inscrición e entregala na Casa do Concello ou na Casa da Cultura. As prazas son limitadas (por orde de inscrición) e para os posibles rapaces que se poidan quedar “lista de espera” está previsto realizar actividades abertas para todos cada venres.

Exit mobile version