Site icon Crónica3.com A Mariña

As marcas dos nosos pobos

AS MARCAS DOS NOSOS POBOS

As cidades, anque sexan pequenas como Viveiro e Mondoñedo, e os povos, son espazos de convivencia, caixóns da memoria, laboratorios de arquitectura, viveiros de novas ideas, deseñadores de micro-relatos, talleres de talento, enxames de desigualdades, portas de entrada e de saída, utopías en ferro candente, coreografías de 9 en 5, vistas do horizonte, decorados dun bico. As cidades son tamén marcas. Xa saben que unha marca é a forma como as persoas perciben un produto ou unha organización. Que lles suxire Viveiro?. E Burela?. E Foz?. E Ribadeo?.

Actuar sobre a marca urbana quere dicir actuar sobre a percepción da cidade, os atributos que os residentes e os non residentes asocian ao espazo urbano. Traballar na marca urbana quere dicir suxerir os adxectivos que se adhiren ao nome da cidade: decadente, comercial, mestiza, ruidosa, sostible, dinámica, burguesa, festiva, misteriosa, sorprendente, onírica, turbia, ignota. Como sé deseñan os adxectivos urbanos?. Os residentes e os visitantes perciben a mesma cidade?. Cales son os ferramentas de mercadotecnia urbana máis eficaces?. Que modelos son un bo referente?.

Seria bó e xeneroso que expertos e sectores implicados no desenrolo de a nosa bisbarra aportaran moitas claves a alcaldes e concellais de numerosas corporacións municipais para que poidan mellorar a súa comunicación e poidan dotar de valor ás marcas das súas cidades. Ou crealas,  como no caso de A Mariña se aínda non as teñen.

Dende visións máis próximas á mercadotecnia, vou poñer un exemplo: Imaxinemos que Pep Guardiola na celebración da Champións no Camp Nou tivese invitado a Obama a ver bo fútbol no Camp Nou. Obama ten dúas fillas que xogan a futbol e  dixolle a Zapatero que quería vir á Barcelona. Que impacto tería para a marca Barcelona unha visita do presidente Obama á cidade e ao campo do Barça? Incontable. Pois eso e crear un bo márqueting de Cidade e ademais por moi poucos cartos, que nos tempos que corren é moi importante.

Otero REGAL

Exit mobile version