Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela terá que devolver 308.000 euros da participación do concello nos tributos do Estado de 2009

Nota de prensa:
BURELA TERÁ QUE DEVOLVER 308.000 EUROS CORRESPONDENTES Á PARTICIPACIÓN DO CONCELLO NOS TRIBUTOS DO ESTADO DE 2009. SEGUNDO O ALCALDE DITA DEVOLUCIÓN DEIXARÁ NUNHA SITUACIÓN DELICADA Á ECONOMÍA MUNICIPAL. GONZÁLEZ BARCIA ANUNCIA QUE HABERÁ RECORTES, PERO QUE NON AFECTARÁN A SERVIZOS SOCIAIS.

Burela, 28 de xullo de 2011. O alcalde, José Mª González Barcia, advertiu que Burela terá que devolver 308.000 euros correspondentes á participación do Concello nos tributos do Estado de 2009. Dita devolución deixará nunha situación delicada á economía municipal, segundo o rexedor, que xa anuncia que haberá recortes, pero que éstes non afectarán aos servizos sociais.

O rexedor explicou que “Burela terá que devolver 308.115 euros correspondentes á participación do noso Concello nos tributos do Estado de 2009. Esto débese a que o señor Zapatero do PSOE fixo uns presupostos xerais do Estado para ese ano, negando a crise e de aí veñen todas estas cousas, onde se prevían uns ingresos moi superiores aos que despois realmente se deron”. González Barcia insistiu en que “esto é a consecuencia da negación da crise por parte do señor Zapatero e a falla de compromiso que no seu momento tivo o bipartito burelés nesta materia cando desde o PP presentamos varias iniciativas pedindo que se retrasase a devolución da liquidación do ano 2008 pola que estamos a pagar 172.000 euros e agora temos tamén a do 2009”.

O alcalde subliñou que “en total entre a liquidación do 2008 e a do 2009 temos que devolver 480.544,15 euros e nós imos adoptar algunha decisión. Probablemente a primeira que tomemos sexa falar deste asunto no pleno de hoxe e despois explicaremos de onde imos reducir, xa que esto trae unhas consecuencias porque para o ano que ven temos que devolver 96.000 euros, que non poderemos contar con eles dentro dos presupostos do noso Concello”.

José Mª González Barcia considera que “os cidadáns teñen todo o dereito do mundo a saber de onde imos recortar, nos vindeiros días explicaremos todo con pelos e señales porque os cidadáns que pagan os seus impostos tamén teñen dereito a saber cando hai recortes onde se producirán”. E adiantou que “en servizos sociais non será. Agardo e confío que as medidas que adoptemos sexan apoiadas polos grupos da oposición, que no seu día miraron cara outro lado e non viron, a pesares do que estamos dicindo, a realidade que se nos viña enriba. Esa realidade é que hai que devolver en total entre os anos 2008 e 2009 prácticamente medio millón de euros, a razón de 100.000 euros por ano e lóxicamente os cidadáns quedamos cariacontecidos, como quedamos hoxe pola mañá cando recibimos a noticia, que pon a situación económica do Concello senon contra a espada e a parede sí que a pon máis delicada aínda do que está”.

Exit mobile version