Site icon Crónica3.com A Mariña

Cedeira gañou a Regata de Veteranos das Festas de Celeiro na que competiron 5 embarcacións

Nota de prensa 1/1

A ACD PENALBA E O COLECTIVO CHILINDRÍN informan en relación coas actividades levadas a cabo como consecuencia das Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2011:

• REGATA DE VETERANOS

O domingo 24 de xullo tivo lugar en Celeiro e con ocasión das Festas Patronais e do Mar 2011 a xa tradicional REGATA DE VETERANOS.

Embarcacións asistentes:
1. Celeiro: 3 embarcacións.
2. Xubia: 1 embarcación.
3. Cedeira: 1 embarcación.

O gañador da competición foi a embarcación de CEDEIRA.

A Charanga TASTARABAS amenizou no día as Festas de Celeiro

NOTA DE PRENSA 2/2

A ACD PENALBA E O COLECTIVO CHILINDRÍN informan en relación coas actividades levadas a cabo como consecuencia das Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2011:

• FESTIVAL ARREAOCABO

Venres 22 de xullo de 2011 celebrouse na explanada da Festa de Celeiro, fronte á Piscina Municipal, unha nova edición, con entrada libre, do Festival ARREAOCABO, no cal participaron os grupos que segue:
• El Último que Zierre.
• Kógito.
• Bytheface.
• Rain is art.
• Yuno.

Ao mesmo asistiron unhas 2000 persoas.

• INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN DE FOTOS ANTIGAS DE CELEIRO.

O sábado 23 de xullo de 2011 tivo lugar ás 13:30 horas a inauguración da Exposición de Fotos Antigas de Celeiro na Casa do Forno. A mesma estivo amenizada polo grupo de gaitas Nova Semente de Celeiro.

Convidamos a todos a acudir á citada, na cal se mostran embarcacións e persoas do mar.

• PROCESIÓN DE BAIXADA DA VIRXE AO PORTO.

O sábado 23 de xullo de 2011 ás 21:00 horas tivo lugar a Misa solemne cantada polo grupo viveirense ESCOLMA DE MEUS. Posteriormente baixouse en procesión coa Virxe do Carme ata a lonxa de Celeiro, na cal quedou toda a noita pera a procesión marítima do día seguinte.

Exit mobile version