Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo acolle unha charla sobre prevención e seguridade de persoas maiores en San Ciprián

Nota de prensa

O CONCELLO ACOLLE UNHA CHARLA SOBRE A PREVENCIÓN E A SEGURIDADE DE PERSOAS MAIORES

Este venres día 22 de xuño a partir das 16.30 horas os veciños e veciñas de Cervo poderán asistir a esta conferencia na Casa da Cultura de San Ciprián
A charla ten como obxectivo previr as principais ameazas detectadas para a seguridade das persoas maiores como o maltrato, os roubos, as estafas e o uso fraudulento das súas propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas

Cervo, 20 de xullo de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais de Cervo, Tania González, anunciou a celebración o vindeiro venres, día 22, dunha charla-coloquio de carácter informativo que versará sobre a prevención e a seguridade das persoas maiores. Segundo indicou a edil, trátase dunha iniciativa organizada dende a área de Asuntos Sociais do Concello de Cervo en colaboración coa Secretaría de Estado de Seguridade, a Dirección Xeral da Policia Local e a Garda Civil da Provincia de Lugo a través do seu destacamento de Barreiros.

A concelleira de Asuntos Sociais dixo que esta charla ten como obxectivo previr as principais ameazas detectadas para a seguridade das persoas maiores como o maltrato, os roubos, as estafas e o uso fraudulento das súas propiedades, fondos, contas e cartillas de aforro por parte de terceiras persoas. “Ademais trata de fomentar a confianza das persoas maiores nas Forzas e Corpos de Seguridade e no desenrolo de condutas proactivas para a denuncia das situacións e delitos dos que poidan ser vítimas e perfeccionar a resposta policial na súa actuación coas persoas maiores” indicou.

Na charla participarán como poñentes dous representantes das forzas do Estado especialistas en seguridade cidadá.

Exit mobile version