Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura do IV Seminario de Jazz e Música moderna coa entrega de diplomas

Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU NA ENTREGA DE DIPLOMAS AOS ALUMNOS E ALUMNAS DO IV SEMINARIO DE JAZZ E MÚSICA MODERNA

As xornadas celebráronse entre o 18 e o 22 de xullo en Burela, e o concerto de clausura a cargo do alumnado tivo lugar esta tardiña no auditorio da Casa da Cultura

BURELA, 22 de xullo de 2011. O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, participou esta tardiña na entrega de diplomas aos alumnos e alumnas que participaron no IV Seminario de Jazz e Música Moderna, que se celebrou entre o 18 e o 22 de xullo en Burela organizado pola Asociación Pedagóxico-Musical Marosa Jazz, e que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación. A entrega de diplomas tivo lugar despois do concerto de clausura do seminario, a cargo do alumnado do mesmo, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura do concello.

Nestas xornadas impartíronse clases e realizáronse jam sessions e concerto, contando cun profesorado formado por Leo Giannetto (voz e guitarra), José Nine (vento madeira), Roberto Pacheco (vento metal), Javier Constenla (piano), Quique Alvarado (baixo) e Miguel Cabana (batería). As clases leváronse a cabo nas instalacións da Escola de Música Municipal de Burela., e os concertos e jam sessions tiveron lugar no Café Atrezzo durante toda a semana.

Exit mobile version