Site icon Crónica3.com A Mariña

Concerto de SON+D2 na praza do Concello de Barreiros

Nota de prensa

A PRAZA DO CONCELLO ACOLLERÁ O VENRES UN CONCERTO DE SON+D2.

Barreiros, 20 de xullo de 2011. Barreiros acollerá un concerto de SON+D2 o vindeiro venres 22 de xullo a partires das 20 horas na praza do Concello. O acto enmárcase dentro dos Camiños de Cultura de 2011. Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) programou máis de 560 funcións e concertos en 163 concellos desde xuño a setembro.

O concerto do venres será o segundo acto deste programa que se desenvolva en Barreiros tras a actuación a pasada semana ante o público infantil de Pulpiño Viascón. Para agosto está previsto un espectáculo de maxia.

Ademáis tamén o venres ás 20:15 horas terá lugar na praza do Concello a clausura do curso de danza moderna e hip hop, que se veu celebrando nas últimas semanas en Barreiros, organizado pola Concellería de Cultura.

Exit mobile version