Site icon Crónica3.com A Mariña

Cuartos de final e semifinais do I Campionato de Volei-Praia

NOTA DE PRENSA.

A ACD PENALBA E O COLECTIVO CHILINDRÍN informan en relación coas actividades levadas a cabo como consecuencia das Festas Patronais e do Mar de Celeiro 2011:

I CAMPIONATO VOLEI-PRAIA.

Mércores día 19 de xullo tivo lugar na Praia de Celeiro a segunda fase da primeira ronda do I Campionato de Volei-Praia.

O xoves 21 de xullo serán os cuartos de final e as semifinais, dende as 17:00 horas e ata as 19:30 horas; o terceiro e cuarto posto xogarase o mesmo día 21 ás 20:00 horas. Tamén o día 21 ás 20:30 horas terá lugar a final.

MÚSICA NA RÚA.

Continúa a Música na Rúa en Celeiro, hoxe BRÉTEMA actuou no Chao ante unas 150 persoas tocando pop-rock dos anos 60.

Mañá, 21 de xullo, sobre as 21:30 horas da noite actuará FROM LOST TO THE RIVER nos baixos da Cofradía de Pescadores de Celeiro (Praia de Celeiro).

Exit mobile version