Site icon Crónica3.com A Mariña

Eido Dourado aparece nunha reportaxe da revista “Casa y Campo”

Nota de prensa:
O EIDO DOURADO CENTRA UNHA REPORTAXE DE SEIS PÁXINAS PUBLICADA POLA REVISTA CASA Y CAMPO.

Barreiros, 1 de xullo de 2011. O nº 207 da revista Casa y Campo publicou unha ampla reportaxe sobre os xardíns do Eido Dourado. Titulada En busca de la armonía di que o xardín de Celso Dourado é un lugar especial, ten moito de misterioso, de espazo enigmático creado por e para o disfrute dos sentidos e engade que o seu artífice e creador concebiuno coma un diseño que estimulara a inspiración e a relaxación a partes iguais. En seis paxinas cheas de fotos Casa y Campo apunta que este peculiar xardín, aberto á brisa e deseñado con plantas resistentes, ten algúns recodos adornados con rochas erosionadas polo mar. A revista fai unha análise exhaustiva das pedras, das árbores e das prantas e sinala que a simbiose entre pedras e prantas pon unha nota exótica neste xardín, que parece inspirado no lonxano oriente.

Celso Dourado amósase moi satisfeito pola publicación desta reportaxe que “contribuirá, agardamos, a atraer a máis xente ao Eido Dourado, a visitar os xardíns e tamén a ver a mostra da miña obra que renovei nun 70% este ano”. Agora foi a revista española Casa y Campo, pero o Eido Dourado xa está presente nalgunhas guías extranxeiras.

O artista barreirense ultima estes días o programa de actividades que pretende ofrecer ao público no Eido Dourado. As instalacións poden ser visitadas de martes a domingo en horario de 11 a 13:30 horas polas mañás e de 16 a 21:30 horas polas tardes. Os xoves a partires das sete haberá visitas guiadas polo propio Celso Dourado.

Exit mobile version